Na súa teima por manter informados aos veciños e veciñas, o Concello saca á rúa cada semestre o Boletín Cerceda. Trátase dunha publicación de información cunha vocación de servizo público, que plasma no papel aquelas citas e convocatorias máis interesantes programadas tanto polo Concello como por outras institucións.
Nas súas páxinas recóllense datos sobre prazos, eventos culturais e deportivos, liñas de axuda e outra información disposta dun xeito directo e facilmente comprensible. O Boletín Cerceda distribúese de balde por todo o territorio.
Nas ligazóns podes descargar os números máis recentes do Boletín Cerceda.
- Boletín número 22, setembro, outubro, novembro e decembro 2010 (pdf, 6,95 mb)
- Boletín número 21: (pdf, 827,51 kb)
- Boletín nº 19: setembro, outubro, novembro e decembro 2009 (pdf, 525,26 kb)