Servizos sociais

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Tui o sábado 10 de Xuño

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Tui-Fortaleza DÍA: Sábado 10 de Xuño de 2017 PROGRAMA: 08:30 h - Saída de diante do Museo do Moucho 10:45 h - Chegada a Tui 11:00 h - Visita a Tui                     -Visita polo casco histórico 14:00 h - Xantar 16:00 h - Tarde libre na Fortaleza 19:00 h - Saída para Cerceda   PREZO: 22 € por persoa   ¡O PRAZO DE INSCRIPCIÓN COMEZA O XOVES 11 DE MAIO! PARA INSCRIBIRTE ACUDE AO DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO OU CHAMA AO 981 68 60 68   ¡¡ANÍMATE A PASAR UNHA XORNADA DIVERTIDA EN BOA COMPAÑÍA!!   Attachments:
Viaxe Tui.pdf

Programa de Turismo Social do IMSERSO

Aberto o prazo de solicitude de prazas para participar no Programa de Turismo Social do Imserso, para a temporada 2017-2018. O prazo de solicitude remata o 7 de xuño de 2017.

Requisitos para acceder o Programa de Turismo do Imserso

  1. Ser pensionista de xubilación do Sistema de Seguridad Social.
  2. Ser pensionista de viudedade con cincuenta e cinco o máis anos de idade do Sistema de Seguridad Social.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema de Seguridad Social, con sesenta e cinco ou más anos de idade.
Os usuarios podrán ir acompañados polo seu cónxuxe ou, se é o caso, por parella de feito, sen necesidade de que estes reúnan os requisitos esixidos no  punto 1. Asimesmo, poderán ir acompañados dos fillos con discapacidade, en grao igual ou superior o 45 por ciento, sempre que viaxen con seus pais e se aloxen na mesma habitación.  

Modalidades de viaxe:

O Programa ofrece as seguientes modalidades de viaxe:
  • Zona Costa Peninsular: estancias en zonas da Costa Peninsular de 15, 10 y 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana y Cataluña.
  • Zona Costa Insular: estancias de 15,10 y 8 días en zonas da Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
  • Turismo de Interior, con estancias dende 7 hasta 3 días, cos seguientes tipos de viaxes:
    • Circuitos Culturais.
    • Turismo de Naturaleza.
    • Viaxes a Capitais de Provincia.
    • Viaxes as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.   SOLICITUDE TELEMATICA Máis información no departamento de servizos sociais do concello. Teléfono: 981 68 60 68
Attachments:
instruccion IMSERSO 2017-2018.pdf
preciosti20172018.pdf
solicitudmanual.pdf

O Concello de Cerceda organiza unha charla para dar a coñecer a Vespa Velutina

VESPA VELUTINA (ASIÁTICA)   DÍA: MARTES 16 DE MAIO HORA: 18:00 H LUGAR: AULA FORMACIÓN BIBLIOTECA DE CERCEDA (1º ANDAR)     CHARLA PARA DAR A COÑECER A VESPA VELUTINA, UNHA AMEAZA PARA O MEDIO AMBIENTE OBRADOIRO DE REALIZACIÓN DE TRAMPAS E ATRAENTES CASEIROS DURACIÓN: 1,30 horas DESTINATARIOS: VECIÑOS/AS DE CERCEDA E INTERESADOS/AS EN XERAL PARA INSCRIBIRSE, CHAMAR AO CONCELLO: 981685001    

Festa Social da Terceira Idade. Este venres día 12, remata o prazo para anotarse.

FESTA SOCIAL DA TERCEIRA IDADE O Concello de Cerceda fai saber que o 20 de maio celebrarase a Festa Social da Terceira Idade, no polideportivo do Roxo, no Piñeiro-Cerceda. Como tódolos anos estades convidados a participar, as persoas empadroadas neste concello, que teñades 65 ou máis, ou os cumprades ao longo deste ano. Tamén poden asistir os cónxuxes. Para participar anotádevos nas oficinas do Concello ou chamando ao teléfono 981 68 50 01. Prazo para anotarse: ata o 12 de maio. ¡Conto coa vosa participación, que é o que fai grande a festa!   Attachments:
Festa Social Terceira Idade.pdf

Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos. En prazo de solicitude.

Prestación económica dirixidas a aquelas persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2017 (nados entre o 2.1.2014 e o 1.1.2017, incluídos) e que, durante o ano 2015, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a teñan presentado de forma voluntaria. (As persoas que realizan a declaración do IRPF xa teñen dereito ás deducións fiscais das mesmas contías)
No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro de 2015 e o 31 de decembro de 2016.   Contía da axuda: A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
  • Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
  • Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
  • Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
  Documentación:
  1. Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil.
  2. Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
  3. No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do correspondente convenio regulador.
  4. Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento.
Prazo de presentación: 35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Desde o 4 de abril  ata o 29 de maio de 2017, ámbolos dous incluídos.  

Orde do 24 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2017. (DOG nº 65 do 3/04/2017)

Aberto o prazo de solicitude de praza na Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para o curso 2017-2018.

Está aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2017-2018 (de setembro de 2017 a agosto do 2018), da escola infantil municipal Os Pillabáns. As persoas que desexen solicitar praza no centro deberán presentar a solicitude e o anexo II, xunto coa seguinte documentación, no rexistro xeral do concello: - fotocopia do DNI dos pais/titores. - libro de familia (fotocpia de todas as páxinas dos membros da unidade familiar) ou certificación literal de nacemento. - xustificantes de ocupación ou desemprego no ano 2017. (empregados última nómina ou desempregado certificado de desemprego) - IBAN bancario. -fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a. Outra documentación, se é o caso: - certificado de discapacidade. - certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións. - documentación que acredite as sitacuóns de separacións, divorcio, abandono do fogar, etc. Xunto coas fotocpias deberán presentarse os orixinais para o seu cotexo. O prazo de solicitude remata o 30 de abril. Attachments:
SOLICITUDE E ANEXO II. EIM. CURSO 2017-2018.pdf

World Café. A maioría dos pais e das nais non falan de sexualidade cos fill@s....e ti?

World Café A maioría dos pais e das nais non falan de sexualidade cos fill@s....  e ti?? Anímate a vir ao World Café onde charlaremos sobre a sexualidade infanto-xuvenil tomando un café. Día: Venres 21 de abril Lugar: Centro Cívico Hora: 17:30 a 18:30 Inscríbete no teléfono 981 686 068 Attachments:
WORLD CAFÉ.pdf

Benestar en Balnearios 2017. Prazo de solicitude do 17 de marzo ó 17 de abril.

Benestar en balnearios 2017

Normativa:

Orde do 8 de marzo de 2017 pola que se regula a oferta de prazas para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 53 do 16/3/2017)

Obxecto:

Convocar un total de 600 prazaspara para as estadías e o tratamento termal dentro do programa de Benestar en balnearios 2017. En cada solicitude só se poderá relacionar un máximo de 3 destinos por orde de prioridade.

Persoas beneficiarias

Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
  1. Ser maior de 60 anos, ou de 55 e reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
  2. Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  3. Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos/as  que acudan en calidade de acompañantes.
  4. Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
  5. Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
  6. Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas
Duración e servizos ofertados
As quendas teñen una duración de 10 días (nove noites) cada unha, realizaranse en réxime de pensión completa e comprenderán desde as 12:00 h. do día de chegada ata as 12:00 h. do día de saída, e desenvolveranse entre o mes de abril e o de decembro de 2017 Servizos:
  1. Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
  2. Tratamentos termais, coas indicacións terapéuticas que figuran para cada balneario no anexo IV, que comprenderán:
    • Recoñecemento médico, ao ingresar no balneario, para a prescrición do tratamento.
    • Tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario.
    • Seguimento médico do tratamento.
  3. Programa de actividades de animación sociocultural que se leve a cabo no establecemento hoteleiro ou termal.
  4. Póliza colectiva de seguro turístico.
O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o balneario, se for o caso. As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en cuarto individual, no caso de que houber dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda. A participación nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento termal ou hoteleiro deberano facer as persoas beneficiarias polos seus propios medios e ao seu cargo.

Prezo

O prezo que pagarán as persoas beneficiarias, por praza e quenda para cada balneario, é o que figura no anexo IV.

Documentación

Solicitude anexo I e os anexos II e III
  1. Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
  2. Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
  3. Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, de non ser expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
  4. Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
 

Prazo presentación de solicitudes

Vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Ata o 17 de abril de 2017.

Lugar de presentación

No departamento de servizos sociais do concello. Attachments:
programa_balnearios.pdf

Viaxe a Vigo o Sábado 22 de Abril

VIAXE A VIGO O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Vigo para o sábado 22 de Abril de 2017. O prazo de inscrición comeza o próximo martes 21 de Marzo. Prezo por persoa: 22 euros. PROGRAMA 08:00 H - Percorrido dos autobuses polo itinerario habitual 09:00 H - Saída de diante do Museo do Moucho 11:00 H - Chegada a Vigo                    Visita guiada ao Mercado da Pedra                    Visita guiada ao Parque do Castro 14:00 H - Xantar no "HOTEL JUNQUERA"                    1º prato: Callos                    2º prato: Ventresca de bacalao ó forno                    Pan, postre, bebida e café. 16:30 H - TARDE LIBRE 19:00 H - SAÍDA PARA CERCEDA Attachments:
Programa Viaxe a Vigo.pdf

Viaxe a Valladolid do 5 ó 7 de maio.

O Concello organiza unha viaxe a Valladolid, Palencia e Canal de Castilla, os días 5, 6 e 7 de maio. Venres 5 de Maio: - Visita guiada a Valladolid, facendo parada na "Casa Museo de José Zorrilla" e na "Catedral de Valladolid". Sábado 6 de Maio: - Pola mañá visita a Peñafiel (Ribera do Duero). Visitaremos o seu castelo, o Museo Provincial do Viño e unha das súas famosas bodegas. - A tarde farase unha visita guiada a Palencia con parada na Igrexa de San Miguel e no Convento das Descalzas. Domingo 7 de Maio: - Visita a Medina de Rioseco, onde faremos unha travesía en barco polo Canal de Castilla, visitaremos o Museo da Semana Santa e o Museo de San Francisco (onde disfrutaremos dunha proxección en 3D). O prezo en habitación dobre é de 170,00€, e de 210,00€ en habitación individual. O prazo de inscrición abre o luns 20 de marzo no departamento de servizos sociais. Teléfono de información: 981 68 60 68.   Attachments:
Programa viaxe Valladolid, Palencia e Canal de Castilla.pdf
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín