Concello

Exposición pública da matrícula do Imposto sobre actividades económicas (IAE) 2017

Está en exposición pública a matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) 2017 dende o 28 de abril de 2017 ao 15 de maio de 2017.

Exposición pública do Padrón fiscal do Imposto de vehículos de tracción mecánica, exercizo 2017

Bando do Alcalde do Concello de Cerceda, de 14 de marzo de 2017, polo que se fai saber que está en período de exposición pública o Padrón fiscal do IMPOSTO DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, EXERCIZO 2017.
  • PERÍODO E LUGAR DE EXPOSICIÓN: Quedará exposto ao público na Deputación provincial da Coruña ( rúa Archer Milton Huntington, nº 17, 15001 A Coruña) do 13 de marzo de 2017 ata o día 17 de abril de 2017
Attachments:
Bando exposicion public_IVTM 2017.pdf

NOTA INFORMATIVA FACTURA ELECTRÓNICA

Procedemento para tramitación de facturas

Boletín de información municipal: accede ás novidades da programación municipal

Xa podes acceder a todas as novidades da programación municipal de actividades de xaneiro a abril de 2017 do Boletín do Concello de Cerceda núm. 41 Attachments:
boletin 41-1.pdf

Puntos Limpo Municipal: aviso de horario

Comunícase que os próximos días 24/12/2016, 31/12/2016 e 06/01/2017 o Punto Limpo permanecerá pechado con motivo das festividades de Nadal. O resto dos días manterá o seu horario habitual de apertura.

Proxectos de eficiencia enerxética financiados polo INEGA a través dos Fondos Feader en Cerceda

O Concello de Cerceda executou, ao abeiro da Resolución do 10 de maio de 2016 pola que se establece a convocatoria de subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestructuras, mediante proxectos de aforro e eficiencia enerxética na Administración local, as obras:
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación exterior no lugar da Estación en Queixas
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación exterior no lugar de Liñares en Xesteda
  • Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación exterior no lugar de Acebedo – Extrema en Cerceda
Estas obras foron subvencionadas polo INEGA e cofinanciadas por fondos FEADER Attachments:
Reportaxe fotográfica Acebedo 2.pdf
Reportaxe fotográfica Liñares 2 .pdf
Reportaxe fotográfica Queixas 2.pdf

Calendario municipal 2017

O Concello de Cerceda presenta o seu  Calendario municipal 2017; a través das súas páxinas coñeceremos os logros deportivos dos/as nosos/as deportistas máis destacados/as. Comeza a súa distribución polos diferentes fogares de Cerceda. FELIZ 2017

Remata o prazo de xustificación das Subvencións municipais ás entidades culturais e deportivas

O prazo de xustificación das axudas concedidas para este ano 2016 remata o 15 de decembro, ás 14:00h. As entidades culturais e deportivas así como os/as deportistas beneficiarios/as da Convocatoria de Subvencións Municipais 2016 teñen ata o 15 de decembro para entregar a documentación xustificativa das ditas axudas. Os impresos están dispoñibles nas Oficinas xerais e nesta páxina web (acceso dende esta nova)   Attachments:
1RESOLUCION 2016_PUBLICACION WEB.pdf
DEPORTISTAS_XUSTIF.2016.pdf
ENTIDADES_XUSTIF.2016.pdf

Horario habitual no Punto Limpo Municipal

A partir do día 24 novembro de 2016 o horario do punto limpo volve a ser o habitual.   Luns a venres de 16:00 horas a 20:00 horas Sábado:10:00 horas a 14:00 horas   Para calquer consulta poden dirixirse a Área de Sanidade e Medio Ambiente do Concello de Cerceda.

INEGA Enerxías Renovables 2016: Proxectos Cerceda

O Concello de Cerceda, a través do INEGA co cofinanciamento dos fondos FEADER, ven de executar os seguintes proxectos de enerxías renovables:
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal das Encrobas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
  • O Concello de Cerceda executou un proxecto de Instalación de colectores solares para quentamento de AQS no campo de fútbol municipal de Queixas. A obra foi financiada pola convocatoria do INEGA para proxectos de enerxías renovables na anualidade 2016. A axuda concedida é de 5.701,12 € e conta co finaciamento da Unión Europea.
Attachments:
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_ENCROBAS.pdf
INEGA ENERXÍAS RENOVABLES 2016_QUEIXAS.pdf
FacebookTwitterDeliciousGoogle BookmarksRedditLinkedinRSS Feed Pin It

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín