Noticias

Cerceda licita por preto de 440.000 euros as obras do Plan Único da Deputación

Os proxectos financiados pola institución provincial inclúen a construción de beirarrúas no entorno do colexio de A Silva e a pavimentación do acceso ao campo de fútbol de Rodís e do aparcamento do polideportivo municipal. https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=2144

Aviso: O Aquapark de Cerceda pecha as súas portas pola temporada 2017 este domingo 3 de setembro

O Aquapark de Cerceda pecha a temporada 2017, este domingo 3 de setembro. Adíantase o último día da temporada do Parque Acuático para este domingo 3 de setembro. Durante esta última xornada permanecerá aberto no seu horario habitual.

Torneo Xadrez Concello de Cerceda este domingo 1 de outubro na Polideportiva de Cerceda

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba: Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail \n Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 617234393 ata o sábado 30 de setembro. Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido. Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.

XIII Carreira Popular Pedestre da Silva este domingo 17 de setembro

Este domingo, 17 de setembro, disputarase a XIII Carreira Popular Pedestre da Silva, dende as 10:20h. Como novidade, nesta cita do 2017 tamén se desenvolverá unha competición de Salto na rúa. Anota a cita deportiva desta fin de semana!

Campionato galego F5F de Aeromodelismo esta fin de semana

O Club AS GAIVOTAS organiza, en colaboración co Concello de Cerceda, o Campionato Galego F5F para o 2 e 3 de setembro, nas instalacións deportivas da pista de aeromodelismo en Rodís.

Imos á neve? Xa está aberto o prazo de inscrición

PROGRAMA CAMPAÑA ESQUÍ 2017. CONCELLO DE CERCEDA O Concello de Cerceda organiza unha fin de semana na neve en Cabeza de Manzaneda. A actividade desenvolverase do 17, 18 e 19 de febreiro de 2017
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: LÍMITE DE INSCRICIÓN ATA 27 DE XANEIRO 2017(INCLUÍDO)
  • DIRIXIDO: RAPAZAS E RAPACES CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 12 E OS 18 ANOS
  • CUSTE:  100 euros/participante
  • INSCRICIÓNS: Nas Oficinas Xerais do Concello

Programación de actividades culturais e deportivas 2015/2016: Continúa aberto o prazo de solicitude

PROGRAMACIÓN MUNICIPAL 2015/2016 DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS Consulta a proposta de actividades para o Curso 2015-2016 do Concello de Cerceda. Unha programación pensada para tod@s, así que fai a reserva da túa praza durante este mes de xullo nas Oficinas xerais. Attachments:
DOMICILIACION_TAXA_REGULADORA_DAS_ACTIVIDADES_DEPORTIVAS_E_CULTURAIS.pdf
PROGRAMA ACTIVIDADES 2015.2016.pdf
SOLICITUDE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS_modelos2014.pdf

Chega a Cerceda María do Ceo no Nadal en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o venres 29 de decembro

O Auditorio municipal de Cerceda acolle este venres, 29 de decembro, o concerto de María do Ceo e as súas Cancións para nenas e nenos dentro da programación Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística. A actividade dará comezo ás 18h e está dirixida a todos os públicos. 

Subcategorías

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín