Ayuntamiento de Cerceda


Novas

04/06/2012 | CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN 2012

Solicitudes Campamentos urbanos 2012

Campamentos Urbanos de Verán 2012

Xa podes descargar a folla de inscrición para os campamentos urbanos 2012 que organiza o Concello de Cerceda.

Consulta as quendas e os horarios dos Campamentos na Silva e en Cerceda 2012:

 

Cerceda:

  1. Primeira quenda: do 2 de xullo ao 13 de xullo (ambos inclusive)
  2. Segunda quenda: do 16 de xullo ao 27 de xullo (ambos inclusive)
  3. Terceira quenda: do 30 de xullo ao 10 de agosto (ambos inclusive)

A Silva:

  1. Primeira quenda: do 2 de xullo ao 13 de xullo (ambos inclusive)
  2. Segunda quenda: do 16 de xullo ao 27 de xullo (ambos inclusive)

O horario das actividades é de 10:00 a 14:00 horas, pero tamén está a disposición das persoas participantes e para facilitar a conciliación das familias unha ampliación do horario de 8:00 a 10:00 horas con servizo de almorzo e de 14:00 a 15:00 horas.

O custe dos campamentos por campamento/quenda é o seguinte:

  • Campamento Urbano: 50€ campamento/quenda
  • Campamento Urbano con ampliación de horario: 70€

© Concello de Cerceda