02/07/2012 | ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE

Xa podes facer a solicitude para o programa de actividades deportivas e culturais 2012 - 2013 organizadas polo Concello de Cerceda. Aquí atoparás toda a información e a documentación que precisas para facer a túa inscrición e entregala, antes do 31 de xullo, no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda (horario: 9.00 a 14.00 horas de luns a venres)
PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS 2012 - 2013
O Concello de Cerceda abre o prazo de solicitude de actividades culturais e deportivas para o curso 2012 - 2013. Recordamos que o prazo de inscrición remata o 31 de xullo. Durante o mes de setembro publicarase a listaxe de persoas admitidas nas diferentes actividades e tamén se recorda que aquelas actividades que non acaden, como mínimo, 15 solicitudes non se desenvolverán. Durante os meses de setembro poderase facer a domiciliación dos pagamentos nas actividades ou o pagamento único. Consulta a seguir o catálogo de actividades (horarios, tarifas,...)
FOLLETO INFORMATIVO ACTIVIDADES CONCELLO DE CERCEDA 2012 - 2013
DOCUMENTACIÓN:
MÁIS INFORMACIÓN
© Concello de Cerceda