02/07/2012 | ABERTA A CONVOCATORIA CURSO 2012 - 2013

Aberto o prazo de solicitude das axudas para a adquisición de material escolar do 3 de xullo ao 21 de setembro de 2012. As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda (horario: 9.00 - 14.00 horas de luns a venres)
O Boletín Oficial da Provincia número 124 do luns 2 de xullo publicou a aprobación das bases da convocatoria de subvencións do Concello de Cerceda para a compra de libros de texto, material escolar e vestiario, curso 2012-2013.
O prazo de presentación das solicitudes será dende o 3 de xullo ata o 21 de setembro e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello coa documentación correspondente.
Pode atopar máis información (documentación para entregar, requisitos, contía das axudas...) nas oficinas no departamento de Servizos sociais e no teléfono: 981 686 068
DOCUMENTACIÓN
© Concello de Cerceda