07/12/2012 | PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA

Con data 5 de decembro de 2012, a Xunta de Goberno Local, aprobou a listaxe definitiva das axudas concedidas e as denegadas para o transporte escolar para o curso 2012-2013
PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITVA DAS AXUDAS PARA TRANSPORTE ESCOLAR. 2012
A listaxe poderá consultarse na páxina web municipal, no taboleiro de anuncios do Concello ou chamando por teléfono aos números 981 68 60 68 // 981 68 50 01.
É necesario que no momento da consulta, a persoa interesada coñeza o dni da persoa solicitante da axuda.
XUSTIFICACIÓN DA AXUDA. PRAZO XUSTIFICACIÓN
Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 12.1 das bases da convocatoria disporán de prazo durante todo o mes de decembro para presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda a documentación xustificativa .
De acordo co artigo 12.2 das bases da convocatoria, no caso en que as persoas interesadas non presenten no Rexistro Xeral do Concello a xustificación no prazo establecido, entenderase que desiste da súa petición
© Concello de Cerceda