Concello de Cerceda


Novas

06/07/2010 |

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Gran Canaria

Gran Canaria

O Concello de Cerceda organiza unha viaxe a Gran Canaria que se realizará entre os días 26 de setembro e o 3 de outubro. As persoas interesadas nesta viaxe teñen de prazo ata o 31 de xullo para se anotaren nas oficinas do Concello.

O prezo da viaxe é de 490 euros en cuarto dobre e 625 en cuarto individual

Guía da viaxe

Domingo 26 de setembro. Santiago de Compostela - Gran Canaria
Presentación no Aeroporto de Santiago de Compostela 90 minutos antes da saída para comezarmos os trámites de facturación e de embarque para saír nun voo directo a Las Palmas de Gran Canaria. Sairemos ás 20.25 h e chegaremos ás 22.10. Haberá asistencia no Aeroporto e traslado ao hotel. Estadía no Hotel de tres estrelas no sur da illa (Playa del Inglés, Maspalomas) en réxime de pensión completa con auga e viño incluídos. Durante estes días realizaremos 3 excursións de media xornada.

Visitas incluídas
Gran tour polo centro da illa (medio día). Día 27 de setembro

Dende o sur, o percorrido comeza na cidade de Telde, segunda cidade da illa. Visitarase o barrio antigo de San Francisco e a igrexa de San Xoán.
Pico de Bandam. Vista panorámica do cráter habitado de Bandama, con parada para fotografías. Tamén visitaremos algunhas vilas da zona centro da illa, como Santa Brígida e San Mateo, ata chegar aos cumes máis altos da illa, o Mirador del Fraile e Roque Nublo, cunha impresionante panorámica das cimeiras de Gran Canaria e o Teide. Parase para xantar e, por último, visitarase Teros, o seu núcleo histórico e a basílica da patroa da illa de Gran Canaria, a Virgen del Pino.

Gran tour polo norte da illa (medio día). Día 29 de setembro
Nesta ruta, visitamos as vilas e as cidades máis importantes da costa norte de Gran Canaria.
A cidade de Arucas é unha comarca portadora de grandes valores arquitectónicos e urbanísticos. O seu centro urbano está declarado de interese histórico artístico. A peza arquitectónica de maior presenza e de maior valor social do municipio é a igrexa parroquial de San Xoán Bautista esculpida integramente en pedra de Arucas. Firgas é o municipio máis reducido de toda a illa e na súa xeografía cómpre salientar puntos de emisión volcánica moi recentes nas zonas de Montaña de Firgas, Caldera de Firgas e Pico de Osorio, que ten unha das súas vertentes declarada de interese paisaxístico. Visitaremos o Paseo de Gran Canaria e o Paseo de Canaria que se achan en pleno centro urbano, así como o Molino del Conde, un muíño de gofio do século XVI. Tamén visitaremos o conxunto arqueolóxico do Cenobio de Valerón, declarado como ben de interese cultural en 1978. Para rematarmos, visitaremos unha plantación de plátanos onde nos contarán todas as peculiaridades do froito máis popular das illas.

Visita á cidade de Las Palmas e compras. Día 31 de setembro
Visitaremos o barrio de Vegueta, e pasearemos a pé pola praza de Santa Ana, o Palacio Episcopal, a catedral para rematarmos na Casa de Colón, así como para visualizar unha panorámica da cidade. Ao mesmo tempo, realizaremos unha parada corta en Altavista parta tirar fotografías e visitaremos tamén as canteiras dende o Auditorio Alfredo Kraus. Por último gozaremos de tempo libre para facer compras en Santa Catalina.

Domingo 3 de outubro. Gran Canaria -  Santiago de Compostela
Almorzaremos no hotel e, á hora acordada, recolleremos para trasladármonos en autobús ata o aeroporto para emprender a viaxe de regreso a Santiago de Compostela. Sairase ás 16.00 h e chegarase ás 19.40 h.

 

Notas sobre a viaxe:

Sairemos de Cerceda ás 17.00 horas do día 26 de setembro. Viaxaremos na compañía Air Europa. Poderase levar unha maleta por persoa que non exceda dos 20 quilogramos de peso. O exceso de equipase será por conta da persoa titular da maleta. Haberá que vir provistos do DNI


© Concello de Cerceda