21/07/2010 |

Actualización: O deportista cercedense Borja Barbeito, enrolado nas ringleiras do equipo Playas de Castellón, participou no mundial júnior que se está a desputar en Moncton, Canadá. Con todo, non puido pasar á final da súa especialidade.
No capionato, que comezou este luns e se alongará até o día 25 de xullo, Borja Barbeito foi seleccionado pola Real Federación Española de Atletismo para competir na categoría de xavelina, grazas a marca de 71,36, mellor rexistro europeo, que obtivo este ano. Con todo, a marca que acadou no mundial foi de 63,79 m, que non lle permitiu acceder á final.
© Concello de Cerceda