29/07/2010 |
Concello de Escalquens
O Concello de Cerceda está a recibir estes días a visita de representantes do Concello de Escalquens, localizado na rexión do Mediodía-Pirineos, departamento do Alto Garona francés, co fin de avanzar nun futuro irmandamento entre as dúas localidades.
A delegación do concello francés está formada por catro persoas, entre as que cómpre salientar o seu tenente de alcalde, Michel Arderiu, e o presidente do comité de irmandamentos Daniele Do así como Pascal Gosman e Henri Torrejón.
Na xornada de onte, para alén dun acto de benvida e dunha reunión de traballo, a delegación de Escalquens visitou as instalacións industriais e deportivas do Concello de Cerceda. A súa visita prolongaráse até o venres con diferentes xornadas de traballo.
© Concello de Cerceda