25/08/2010 |
O próximo venres 27 de agosto, o Campo da Feira de Cerceda prerarase para a actuación da Trova Camagüeyana. A cita musical comeza ás 22.30 h.
17/08/2010 |
O Boletín Oficial da Provincia número 156 do martes 17 de agosto publicou a Aprobación das bases da convocatoria de subvencións do Concello de Cerceda para a compra de libros de texto, material escolar e vestiarios. Ábrese, por tanto, o prazo para solicitar estas subencións que rematará o xoves 16 de setembro.
06/08/2010 |
O venres 6 de agosto, o alcalde de Cerceda, José García Liñares, estreará ás 13.00 h o acondicionamento do río Cabancos, un proxecto ao que se destinaron máis de 270.000 euros.
06/08/2010 |
O Ministerio de Igualdade, a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero e no ámbito das súas campañas de sensibilización para fomentar a concienciación social fronte á violencia de xénero, organiza unha actividade en que quere involucrar a poboación xuvenil: o certame de poesía Comeza un novo curso da túa vida cun poema

04/08/2010 |
O Concello de Cerceda organiza, para o martes 10 de agosto, unha festa con inchables na Piscina da Silva. O horario será de 15 a 18.00 h.
29/07/2010 |
O Concello de Cerceda está a recibir estes días a visita de representantes do Concello de Escalquens, localizado na rexión do Mediodía-Pirineos, departamento do Alto Garona francés, co fin de avanzar nun futuro irmandamento entre as dúas localidades.
© Concello de Cerceda