Actualidade

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de ingreso na Escola Infantil Municipal “Os Pillabáns” e unha vez valoradas todas elas, formúlase a proposta da listaxe do alumnado admitido, en agarda e a relación das prazas dispoñibles para o curso 2021-2022

Tendo en conta o alumnado en agarda, solicitouse á Consellería de Política Social unha modificación substancial para o curso escolar 2021-2022, de forma que, a unidade de atención de 0-1 cambiara a unha unidade de agrupación 0-2 e a unidade de  1-2 cambiara a unidade de agrupación 0-3. Coa concesión desta modificación, xa non hai alumnado en listaxe de agarda.

Informar ás persoas solicitantes que de acordo co artigo 19 do Regulamento da Escola Infantil Municipal, poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de 10 días naturais que contarán a partir da data de exposición pública da listaxe provisional na paxina web do Concello.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068

O Concello de Cerceda ven de aprobar un trámite suplementario de información pública da ordenanza reguladora de terrazas en espazos de uso público, por un prazo de quince días hábiles, dende a data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán formular alegacións para resolver previamente á súa aprobación definitiva.

En continuidade con una serie de accións formativas realizadas por ACOPROS, en colaboración co Concello de Cerceda, esta aberto o prazo para anotarse no “ Programa de Estimulación Cognitiva”.

Este programa empezaría a partir do 19 de abril, e esta dirixido a todas as persoas interesadas, a partir de 55 anos.

As sesións de estimulación serían semanais en sesións de 45 minutos, con obxectivos individualizados de estimulación.

Para anotarse ou mais información, pode facerse no departamento de Servizos Sociais Municipais, telf : 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (programa de estimulación cognitiva.pdf)Programa de estimulación cognitiva44 kB

Páxina 13 de 31