21/05/2010
O Concello de Cerceda, coa colaboración do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, vai iniciar un programa de actividades dirixidas para todas as persoas emprendedoras do noso concello, coa intención de que quen estea a pensar en se constituír como persoa autónoma ou en montar a súa propia empresa reciban todo o asesoramento e todo o apoio posible. Deste xeito, o Concello de Cerceda vai impartir unha serie de seminarios orientados para desenvolver as ideas empresarias.
Os seminarios que o Concello de Cerceda ten previsto desenvolver son os seguintes:
En próximas datas, o Concello de Cerceda ampliará a información relativa a estes cursos. Con todo, para calquera cuestión con eles relaciona, poden contactar con Belén Viqueira na Casa do Concello.
© Concello de Cerceda