O pasado venres 7 de maio, o Diario Oficial de Galicia publicou a Orde do 27 de abril de 2010 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais de ámbito territorial igual ou inferior ao provincial para realizaren actividades culturais.
Poderán optar a estas subvencións as asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia e ámbito de actuación territorial igual ou inferior á provincia e que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se atopen legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes así como no censo de entidades culturais da Consellaría de Cultura e Turismo.
O prazo para presentar solicitudes é de 1 mes dende a publicación da convocatoria no DOG. Pode consultar as bases nesta ligazón .