Convocatorias

XUNTA DE GALICIA

Campamentos de Verán para persoas con discapacidade

15/05/2012

Os campamentos están dirixidos as persoas con discapacidade dos 9 aos 40 anos de idade. O obxectivo é o de procurar a integración social de rapaces/as con discapacidade mediantes a súa participación nos campamentos de verán e en campos de traballo a través de quendas de integración así como a súa participación en quendas específicas. 

Dirixido:

Poderán participar aquelas persoas que:

  • Teñan unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
  • Teñan unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas.
  • Vivan habitualmente no seu domicilio.
  • Non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade.
  • Presenten unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van desenvolver e coas características da instalación.


Documentación:

Custo: Campamentos: Quendas integración e quendas específicas.
Prezos: desde 72 € ata 201,60 €, dependendo do tipo de quenda de integración e 124 € para as quendas específicas.
Os membros dunha familia que teña o título de familia numerosa terán un desconto de 50% sobre os prezos


Lugar de tramitación:

Servizos Sociais do Concello de Cerceda

  • Teléfono cita previa: 981 686 068


Prazo:
  • Para quendas de integración: ata 31 de maio
  • Para prazas específicas: ata 15 de xuño


En prazo de presentación

« Volver