A Fundación para o Desenvolvemento da Formación nas Zonas Mineiras do Carbón lanza a convocatoria 2010-2011 do Programa de Bolsas en Zonas Mineiras do Carbón polo que se financia a realización de estudos para mozos e traballadores.
Este programa inscríbese dentro dun marco máis amplo de apoio ao desenvolvemento económico e social de zonas mineiras afectadas o declive industrial, e ten por obxecto axudar á formación e ao desenvolvemento de mozos e traballadores das zonas mineiras do carbón.
Esta convocatoria 2010-2011 recolle dúas modalidades de bolsas:
A. Bolsas para realizar estudos de bacharelato, formación profesional regulada e
programas de cualificación profesional en España.
B. Bolsas para a realización de estudos universitarios en España.
Os destinatarios destas axudas son os fillos e orfos menores de 30 anos, a 30 de xuño de 2010, do persoal procedente de reestruturacións laborais na minería do carbón e de traballadores do sector activos e pasivos.
Igualmente, poden ser solicitadas polos propios traballadores do sector en activo e tamén polos cónxuxes e viúvos / as destes (sen límite de idade todos eles). Quedan excluídos os traballadores xubilados / prexubilados do sector.
Todos os mencionados nos dous parágrafos anteriores poderán solicitar estas bolsas independentemente do seu lugar de empadroamento, sen prexuízo da distinta baremación que proceda segundo este.
Tamén poderán ser beneficiarias as persoas menores de 30 anos, a 30 de xuño de 2010, empadroadas con data anterior á publicación desta convocatoria nun dos municipios cubertos polo programa, recollidos nos anexos e correspondentes aos grupos 1 e 2 do Plan da Minería do Carbón.1
Belén Viqueira (Casa do Concello)
Juán Cabrejo (Oficina Municipal de Información Xuveníl, co Centro Cívico)
© Concello de Cerceda