SERVIZOS SOCIAIS
Con data 5 de decembro de 2012, a Xunta de Goberno Local, aprobou a listaxe definitiva das axudas concedidas e as denegadas para o transporte escolar para o curso 2012-2013
Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 12.1 das bases da convocatoria disporán de prazo durante todo o mes de decembro para presentar no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda a documentación xustificativa
XUSTIFICACIÓN DA AXUDA. PRAZO XUSTIFICACIÓN
De acordo co artigo 12.2 das bases da convocatoria, no caso en que as persoas interesadas non presenten no Rexistro Xeral do Concello a xustificación no prazo establecido, entenderase que desiste da súa petición
Rexistro Xeral do Concello de Cerceda
Horario: luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas
Servizos Sociais do Concello de Cerceda, 3º andar
Prazo de xustificación: mes de decembro
© Concello de Cerceda