Convocatorias

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE 2013

Convocatoria subvencións municipais ás entidades culturais e deportivas 2013

En prazo de presentación : 15/05/2013 - 13/06/2013
15/05/2013

O Boletín Oficial da Provincia número 91, de 14/05/2013, publica a convocatoria das bases de subvencións ás entidades e deportistas non profesionais para a realización de actividades culturais e deportivas para o ano 2013. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 13 de xuño

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE 2013

Convocatoria de axudas do Concello de Cerceda para a compra de libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2013/14.

En prazo de presentación : 15/05/2013 - 28/06/2013
15/05/0213

O prazo de presentación das solicitudes será dende o 15 de maio ata o 28 de xuño e deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello coa documentación correspondente.

XUNTA DE GALICIA

Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

En prazo de presentación : 01/05/2013 - 30/05/2013
03/05/2013

A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza,  convoca, ata 95 prazas,  para facilitarlles ás mulleres que teñan fillas/os menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no que poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun contorno de lecer

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia

Convocatoria de axudas a estudantes universitarios con dificultades económicas por causa sobrevida ou imprevista

En resolución
11/03/2013 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación  Universitaria convoca axudas a estudantes universitarios  que por causa sobreviva ou imprevista teñan dificultades económicas para continuar estudos

CONCELLO DE CERCEDA

Campamentos Urbanos de Verán 2012. Concello de Cerceda

Resolto
04/06/2012

O Concello de Cerceda organiza os campamentos urbanos de verán para o ano 2012. O prazo de solicitude remata o 22 de xuño. Consulta o programa de actividades, as quendas e os horarios dos campamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia

Convocatoria de axudas a estudantes universitarios para estadías en países da Unión Europea

En prazo de presentación
11/03/2013

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación  Universitaria convoca axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún país da da Unión Europea, durante o verán de 2013, co obxectivo de coñecer a lingua dese país. O prazo de presentación de solicitudes remata o 6 de abril

Filtrar convocatorias


« Volver