Ayuntamiento de Cerceda


Convocatorias

O prazo remata o 18 de xullo

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para asociacións culturais e deportivas

En resolución
21/06/2010

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o 21 de xuño de 2010 as Bases da convocatoria pública de subvencións municipais do Concello de Cerceda a entidades para a realización de actividades culturais e/ou deportivas para o ano 2010.

Ábrese, por tanto, a partir do día 22 de xuño o prazo para solicitar as subvecións, que rematará o 21 de xullo.

Convocatoria de axudas para persoas que se incorporen á actividade agraria

Resolto
21/06/2010

A Consellaría de Traballo vén de sacar unha axuda para persoas que se incorporen á actividade agraria. A convocatoria pode lerse no Diario Oficial de Galicia do 15 de xuño.

Novos préstamos directos do ICO

En prazo de presentación
14/06/2010

Dende o día 14 de xuño poden, os autónomos e as pemes poden solicitar os préstamos ICO directo, dirixidos a financiar investimentos empresariais ou necesidades de liquidez.

Axudas para e entrega de equipamentos da TDT vía satélite

Resolto
08/06/2010

A Secretaría Xeral de Medios vén de anunciar no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 2 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en especie consistentes na entrega do equipamento necesario para garantirlles aos fogares galegos dos colectivos en risco de exclusión social a recepción das canles da TDT a través do satélite.

Axudas para a adquisición de libros de texto

Resolto
02/06/2010

O Diario Oficial de Galicia publicou o día 31 de maio a Orde do 28 de maio de 2010 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria e en educación especial no curso escolar 2010-2011.

Axudas económicas para mulleres vítimas de violencia de xénero

En prazo de presentación : 31/05/2010 - 30/10/2010
31/05/2010

Xa se poden presentar as solicitudes para as xudas económicas para mulleres vítimas de violencia de xénero.

Filtrar convocatorias


© Concello de Cerceda