Concello de Cerceda


Convocatorias

Curso de animador xerontolóxico

En prazo de presentación : 01/09/2010 - 20/09/2010
01/09/2010

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, da que forma parte o concello de Cerceda, vai desenvolver un curso de animador xerontolóxico. As persoas destinarias serán desempregados e desempregadas, que previamente deberán inscribirse no INEM, como solicitantes do curso.

O prazo remata o 18 de xullo

Ábrese o prazo para solicitar as axudas para asociacións culturais e deportivas

En resolución
21/06/2010

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou o 21 de xuño de 2010 as Bases da convocatoria pública de subvencións municipais do Concello de Cerceda a entidades para a realización de actividades culturais e/ou deportivas para o ano 2010.

Ábrese, por tanto, a partir do día 22 de xuño o prazo para solicitar as subvecións, que rematará o 21 de xullo.

Convocatoria de subvencións do Concello de Cerceda para a compra de libros de texto, material escolar e vestiarios

En prazo de presentación : 17/08/2010 - 16/09/2010
17/08/2010

O Boletín Oficial da Provincia número 156 do martes 17 de agosto publicou a Aprobación das bases da convocatoria de subvencións do Concello de Cerceda para a compra de libros de texto, material escolar e vestiarios. Ábrese, por tanto, o prazo para solicitar estas subencións que rematará o xoves 16 de setembro.

Curso de habilidades sociais para discapacitados da Mancomunidade de Ordes

En prazo de presentación : 04/08/2010 - 27/08/2010
04/08/2010

A Mancomunidade de Ordes organiza un Curso de Habilidades Sociais para Discapacidado, fundamentalmente psíquicos, que comezará o día 1 de outubro e rematará o 31 de marzo de 2011.

Ábrese o prazo para solicitar as bolsas do Plan Míner para realizar estudos de bacharelato, FP, educación regulada e estudos universitarios

En prazo de presentación : 26/07/2010 - 01/10/2010
26/07/2010

A Fundación para o Desenvolvemento da Formación nas Zonas Mineiras do Carbón lanza a convocatoria 2010-2011 do Programa de Bolsas en Zonas Mineiras do Carbón polo que se financia a realización de estudos para mozos e traballadores.

Solicitude de axudas de emerxencia social do Concello de Cerceda

Sen prazos
20/07/2010

Considéranse axudas de emerxencia social aquelas prestacións económicas de pagamento único, de caracter extraordinario e finalista, destinadas a resolver as situacións de emerxencia que afectaren persoas ou familias a que sobreveñan situacións de necesidade ao vérense privadas dos medios de vida primarios e imprescindibles. A súa finalidade será dispensar unha atención básica e urxente no momento en que estas situacións de necesidade se produzan.

Filtrar convocatorias


© Concello de Cerceda