Os Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Cerceda realizan unha acción social globalizadora e polivalente para o conxunto da súa cidadanía, ao promoveren e posibilitaren o desenvolvemento do seu benestar social.
Configuran así o nivel básico de actuación, que incide de forma directa e integral sobre o espazo territorial do municipio e sobre a súa cidadanía, co que constitúen a porta de entrada ao sistema.
Un equipo interdisciplinario, dependente do Concello, encárgase da aplicación dos programas básicos de atención primaria:
- Programa de orientación, asesoramento e información
- Programa de axuda no fogar
- Programa de inserción social
- Programa de animación, prevención e cooperación social
- Programa de convivencia alternativa