Concello de Cerceda

Seminarios para persoas emprendedoras
O Concello de Cerceda, coa colaboración do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, vai iniciar un programa de actividades dirixidas para todas as persoas emprendedoras do noso concello, coa intención de que quen estea a pensar en se constituír como persoa autónoma ou en montar a súa propia empresa reciban todo o asesoramento e todo o apoio posible.  Deste xeito, o Concello de Cerceda vai impartir unha serie de seminarios orientados para desenvolver as ideas empresarias.

Os seminarios que o Concello de Cerceda ten previsto desenvolver son os seguintes:

Seminario para a motivación emprendedora, o 28 de setembro de 2010. Trátase dun seminario en que se centrará en dar forma á idea empresaria, avaliar a súa viabilidade e dar pautas para comezar o proxecto.

Seminario para a xeración, a maduración e a avaliación de ideas empresarias, que terá lugar os días 19, 22 de outubro e o 2 de novembro.

En próximas datas, o Concello de Cerceda ampliará a información relativa a estes cursos. Con todo, para calquera cuestión con eles relaciona, poden contactar con Belén Viqueira na Casa do Concello.