Medio ambiente

O Concello de Cerceda fai unha aposta cada vez máis forte pola conservación ambiental e a sustantibilidade. Esta aposta concrétase a día de hoxe en diversos servizos dos que dá conta a Área de Medio Ambiente e Sanidade.
CASA DO CONCELLO
Avda. do Mesón, 21. 3º andar
Teléfono: 981 688 004
Entre estes servizos atópanse os de mantemento e incremento de zonas verdes, iniciativas de educación ambiental, xestión axeitada de residuos, prevención de incendios ou promoción das enerxías alternativas. Dende a mesma área coordínanse tamén a comprobación, control e inspección das actividades empresariais no eido municipal.

PARQUES E XARDÍNS

En Cerceda existen multitude de zonas verdes deseñadas para o uso e gozo da cidadanía e das visitas que se acheguen a elas. Ademais do Xardín Botánico, existe unha gran zona verde no Acevedo, nas inmediacións da zona de ribeira do río Cabancos. Tamén hai distintas áreas recreativas a carón dos ríos. Algunhas eran antigos depósitos de lixo, que foron recuperados e restaurados. Hoxe son zonas ben conservadas e respectuosas co contorno. As áreas recreativas naturais de Portabrea, Meirama, Xesteda e A Silva contan con mobiliario e servizos para gozar da natureza en primeira liña.

EDUCACIÓN AMBIENTAL

O municipio conta con instalacións específicas para a educación e formación ambiental, como é o caso do Ecomuseo de Cerceda. Este centro consta de dous andares en que o ambiente, a flora e a fauna de Cerceda adquiren o máximo protagonismo. Entre os proxectos recentes destacan a nova Aula da Natureza e o Xardín Botánico de Cerceda, un amplo resumo da riqueza botánica e animal do contorno municipal. Ademais, o paseo fluvial do río Cabancos permite combinar unha actividade saudable coa observación da natureza. O Concello promove tamén outras actividades a prol da conservación do medio, como o Concurso Recicla e os concursos de fotografía e debuxo ambiental.

SUPRESIÓN DA LICENZA MUNICIPAL DE ACTIVIDADE

Coa entrada en vigor da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia suprimiuse a necesidade de obtención da licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, establecéndose no seu lugar o réxime de comunicación previa da actividade. De calquera maneira, as actividades seguen a estar suxeitas ás autorizacións ou declaracións ambientais que procedan, de acordo coa Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia:     Declaración de incidencia ambiental.
    Declaración de efectos ambientais.
    Declaración de impacto ambiental.
    Autorización ambiental integrada.  

XESTIÓN DE RESIDUOS

A recollida de lixo en Cerceda é selectiva. Ademais da recollida de lixo xenérica, recóllense envases lixeiros (colector amarelo), papel e cartón (colectores azuis), vidro (colectores verdes) e mesmo se fai recollida domiciliaria de residuos voluminosos de forma mensual. As plataformas de colectores soterrados fan que o depósito de residuos se realice do xeito máis cómodo para a poboación. Ademais, está previsto aplicar outros proxectos para mellorar os servizos, como a recollida porta a porta do papel e cartón que producen os pequenos comercios do concello. Ademais, o punto limpo de Cerceda permítelles ás persoas usuarias depositar de forma separada diversos tipos de residuos: escombros, voluminosos férricos, plásticos, residuos vexetais, residuos perigosos e téxtiles, pneumáticos fóra de uso, residuos de aparellos electrónicos, etc. Atópase nas proximidades do parque empresarial do Acevedo e do Parque Acuático.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Este servizo desenvólvese nas datas previas á época estival. O seu obxectivo é previr os incendios forestais e os posibles danos que deles poidan derivar en zonas en que existan vivendas. Os traballos consisten principalmente en realizar rozas (mecanizadas e manuais), respectando os cultivos agrícolas e as especies vexetais protexidas pola lexislación vixente.

ENERXÍAS ALTERNATIVAS

O Concello de Cerceda está a facer unha aposta cada vez máis decidida polas enerxías alternativas. A máis notoria pódese observar no parque acuático, que conta cunha estación de placas térmicas solares. Esta estación utilízase para aumentar a temperatura da auga do parque dunha forma totalmente sustentable. Ademais estanse a barallar proxectos similares, como a instalación dun aeroxerador e dunha horta solar fotovoltaica.    
Punto Limpo

Punto Limpo

O Concello de Cerceda conta cun Punto Limpo cuxo obxectivo principal é servir a cidadanía como centro de achega voluntaria para a recolla selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario que non poden ser depositados nos colectores ordinarios.

Ler máis: Punto Limpo

Recollida de lixo

A recollida de lixo en Cerceda é selectiva. Ademais da recollida de lixo xenérica, recóllense envases lixeiros (colector amarelo), papel e cartón (colectores azuis), vidro (colectores verdes) e mesmo se fai recollida domiciliaria de residuos voluminosos de forma mensual. Nesta páxina informamos da periodicidade con que se recolle o lixo en Cerceda.

Ler máis: Recollida de lixo

Información de interese

Nesta páxina, a Área de Medio Ambiente salienta algunhas informacións, restricións ou outros datos que poidan ser de interese para a cidadanía.

Ler máis: Información de interese

Ecomuseo

Instalacións ambientais

A conciencia ambiental constrúese coa educación e a divulgación dos valores da natureza e da súa conservación. Cerceda conta con varias alternativas para espallar estes valores entre a cidadanía, unhas alternativas que combinan aprendizaxe e lecer dunha maneira lúdica e apta para todas as idades.

Ler máis: Instalacións ambientais

Utilizamos cookies propias e de terceiros para proporcionar os nosos servizos e realizar análise de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso.

Pode consultar máis información aquí.

Entendín