Ayuntamiento de Cerceda


Como chegar

O concello de Cerceda está situado ao noroeste de Galicia na provincia da Coruña. Pertencente á comarca de Ordes, atópase nunha área de transición entre as terras das Mariñas, Bergantiños e Ordes. Limita ao norte cos municipios da Laracha e Culleredo, ao sur con Ordes e Tordoia, ao leste con Carral e ao oeste con Carballo.

O concello atópase a uns 50 quilómetros de Santiago de Compostela e a uns 30 da Coruña, as dúas cidades importantes máis achegadas.

En coche

A principal vía de comunicación e acceso a Cerceda é a estrada AC-400,
que vai de Sigrás a Muros e atravesa o casco urbán do municipio.

Para achegarse desde A Coruña, o máis axeitado é facelo a través da Autovía do Noroeste para despois saír en dirección Culleredo/Ledoño, tomar a estrada AC-523 e acceder á AC-400 en dirección Cerceda.

Para achegarse desde Santiago, a mellor opción é a autoestrada do Atlántico AP-9 dirección A Coruña/Pontevedra, seguir pola estrada
N-550 en dirección a Ordes e tomar a AC-524. Tras atravesar Ordes,
continuar pola N-550 ata o Mesón do Vento e xirar alí en dirección Cerceda.

Para os usuarios de GPS: nalgunhas cartografías pode que non apareza Cerceda como destino, nese caso pódese seleccionar Antemil (Cerceda). As súas coordenadas xeográficas son as seguintes: 43º11\'25\'\'N 8º28\'23\'\'W.

En tren

A liña de tren rexional que une A Coruña con Santiago de Compostela atravesa o concello de Cerceda con paradas en Meirama, Vila da Igrexa e Cerceda. Pódese obter máis información sobre este servizo na páxina web oficial de RENFE ou no teléfono 902 24 02 02.

En autobús

A compañía ASICASA ofrece un servizo regular de autobuses que
conectan A Coruña e Cerceda. Pódese obter máis información no teléfono 981 23 12 34.

En avión

Cerceda atópase preto dos enlaces da autoestrada do Atlántico e da autovía do Noroeste, co que está a menos de media hora de distancia dos aeroportos de Alvedro e Lavacolla. Pódese obter información das conexións que ofrecen as distintas liñas aéreas no portal de Aeroportos Españois e Navegación Aérea -AENA-.
[Ver Cerceda nun mapa máis grande

© Concello de Cerceda