Rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas, de acordo coas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, comprobase que non hai solicitudes pendentes de emendar documentación, polo que, de acordo co punto 8 das bases, formulase a proposta de resolución definitiva.
O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 2 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos.
Con data 23/12/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou dita resolución.
Informar ás persoas interesadas que dada a especifidade desta convocatoria, enténdese que a xustificación se cumpre coa presentación da documentación esixida para poder ser persoa beneficiaria da axuda, polo que, non teñen que presentar ningunha outra documentación xustificativa.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068