Adrián López, Piscu

Adrián López, coñecido no mundo do fútbol como “Piscu”, traerá a Cerceda os vindeiros días 8 e 9 o primeiro evento formativo para deportistas de alto rendemento, especialmente que estean a cursar estudos de bacharelato ou equivalentes, de idades entre os 18 e os 22 anos.

A idea do programa é contribuír e axudar a que “deportistas de toda Galicia” teñan unha oportunidade para compaxinar a competición de elite e os estudos académicos. Celebraranse tanto palestras informativas como encontros menos formais para que o que fose xogador do RCDeportivo, Wigan Athletic ou Club de Foot Montréal poida departir cos novos talentos. 

O Concello de Cerceda, que colabora na cesión das instalacións, quere apoiar esta fantástica iniciativa para visibilizar unha cuestión que afecta a ducias de profesionais deportivos.

“O soño de calqueira futbolista é xogar en Primeira División, pero tan só o 1% teñen a oportunidade de chegar a ese nivel”, afirma “Piscu”, que fai fincapé na relevancia de “encarar unha nova etapa vital cunha base sólida, e isto só o asegura unha boa formación”.

Por iso, a través de bolsas económicas en países como Estados Unidos ou Dinamarca, os novos talentos poden compaxinar ambas actividades para que na balanza “ningunha das dúas teñan máis peso”, subliña Adrián López, quen afirma que “acadar o equilibrio entre eses dous mundos é moi complicado, e por iso ter xente o teu carón que che facilite a tarefa é fundamental”. “Piscu” quixo agradecer “o Concello de Cerceda a fantástica acollida e todas as facilidades que me deron desde o primeiro momento”, advertiu.

Requisitos das/dos usuarias/os

1. Poderán participar no Programa de Termalismo, as personas residentes en España, que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  2. Ser pensionista de viuvedade con cincuenta e cinco ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  3. Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, con sesenta ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  4. Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con sesenta e cinco ou máis anos de idade.

 

Documentación:

  • Solicitude
  • A Declaración sobre o estado de saúde efectúaa o propio solicitante e, no seu caso o seu cónxuxe. Non precisa ir ao médico para que a cumprimente.

Prazo de presentación:

Para participar no proceso de adxudicación de praza:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 31 de decembro de 2021.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 15 de maio de 2022.

Para a súa inclusión na Lista de Agarda de prazas, para cubrir as prazas que vaian quedando vacantes por renuncias ou outras circunstancias:

  1. Para as quendas dos meses de febreiro a agosto, ambos inclusive: ate o día 14 de maio de 2022.
  2. Para as quendas dos meses de setembro a decembro: ate o día 30 de outubro de 2022.

Máis información:

Departamento de servizos sociais. Cita previa 981 68 60 68

Attachments:
URLFile size
Access this URL (http://www.imserso.es/InterPresent1/groups/imserso/documents/binario/balnearios_rel.pdf)BALNEARIOS PARTICIPANTES 2022 E PREZOS203 kB

171121 clima

O Concello de Cerceda está inmerso na elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía (PACES), unha iniciativa europea na que os gobernos locais e rexionais comprométense de forma voluntaria a implantar no seu territorio os compromisos en materia de clima e enerxía da UE.

O Concello de Cerceda adheriuse o pasado mes de marzo ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía. O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008 e reúne a máis de 10.000 autoridades locais pertencentes a preto de 60 países de todo o mundo. Está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Entre os compromisos que se adquiren está reducir en, polo menos, un 40% as emisións de CO2 no Concello, partindo do ano de referencia o 2015. Ademais de aumentar a capacidade de resiliencia do Concello mediante a adaptación ao cambio climático.

Á súa vez, o primeiro obxectivo básico apóiase en dous complementarios:

    • Minimizar o consumo enerxético no municipio. Con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles, especialmente o gasóleo A.

    • Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables. Existindo unha ampla marxe de mellora e oportunidade considerando o contexto ambiental e socioeconómico.

O equipo de goberno puxo en marcha os traballos previos para deseñar un plan de actuación propio e que está financiado a través dunha axuda da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas. Nos últimos meses se leva traballando na elaboración dun Inventario de Emisións de Referencia (IER) e nunha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático. Esta semana presentáronse os resultados nunha sesión de traballo co equipo de goberno, na que se identificaron ademais as principais accións que formarán parte do Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES).

Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou a listaxe definitiva das axudas concedidas para adquisición de material informático para o curso 2021/2022.

Vistos varios erros nos importes da resolución definitiva, a Xunta de Goberno Local de data 10/11/2021 aprobou a listaxe definitiva corrixida.

 

Informar as persoas interesadas que o prazo de xustificación se amplía ata o 22/11/2021 para presentar a documentación xustificativa do gasto realizado. Para as demais persoas beneficiarias que nonse viron afectadas por esta corrección, o prazo de xustificación remata o 16/11/2021.

Mais información no Departamento de Servizos Sociais.

medioambiente

 

O vindeiro día 24/11/2021 en horario de 15:30 a 18:00 nas inmediacións do Auditorio municipal, Sogama (dentro da Semana Europea de Prevención de Residuos) vai colocar un punto informativo para abundar na correcta separación do lixo orgánico e o seu depósito, posterior, no contedor marrón.

 

O Concello de Cerceda xa conta coa implantación do 5ª contedor, polo que todos aqueles veciños que así o desexen poden dirixirse as oficinas da Área de Medio Ambiente e Servizos (3º andar) e solicitar a chave do contedor marrón e o seu kit domiciliario. Polo momento estes contedores están colocados nos núcleos urbanos de Cerceda e de A Silva, acadando un total de 80 puntos de depósito.

contenedores

 

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas, de acordo coas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, comprobase que non hai solicitudes pendentes de emendar documentación, polo que, de acordo co punto 9 das bases, formulase a proposta de resolución definitiva.

O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 3 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos.

Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou dita resolución.

Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 10.1 das bases da convocatoria,  disporán  de  prazo dende o día  1 ao 16 de novembro de 2021 para presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda, a documentación xustificativa do gasto realizado. Pasado dito prazo sen que a persoa interesada presente a documentación requirida entenderase que renuncia a axuda e procederase ao reintegro da axuda.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068

Solicitar Cita Previa

Solicitar cita previa no Concello

Vista a evolución da pandemia vese necesario a implantación da cita previa para as oficinas municipais co fin de minimizar riscos, tanto para o traballador coma para a cidadanía en xeral, polo que procede o establecemento dos seguintes protocolos:

  • A cita previa deberá solicitarse telefónicamente, no departamento ó queira dirixir, ou ben a traves da Sede Electronica https://sede.cerceda.es no apartado Solicitude de Cita Previa.
     
  • As citadas daranse de 9 a 14 en intervalos de 20 minutos. Agás nos caso do rexistro presencial, que non se darán citas, atenderase por orde de chegada, gardando os usuarios as distancias de seguridade oportunas.
     
  • Recomendase ó uso do rexistro electrónico a disposición na Sede Electrónica, sempre e cando sexa posible.


Cerceda, 2 de novembro de 2020.
O Alcalde-Presidente
Juan Manuel Rodríguez García.

Inscricións:

• Datas:

O 14 e o 15 de setembro as persoas empadroadas no concello de Cerceda.

O 16 e 17 de setembro as inscricións libres.

• Procedemento:

-Presencial, achegándose a Piscina Municipal de Cerceda.

-Por orde de chegada.

-Cada persoa pode inscribir máximo a 3 nenos/as.

• Horario de inscrición:

De 9:30 á 13 horas e de 15:30 á 19 horas.

ROGAMOS DISCULPEN AS MOLESTIAS QUE POIDAN XURDIR DOS PROTOCOLOS A SEGUIR DA NORMATIVA COVID, TENDO QUE LIMITAR A NOSA OFERTA.

 

310821 piscina2122

 

Dende o 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐞𝐫𝐜𝐞𝐝𝐚 estamos realizando unha 𝐛𝐚𝐬𝐞 𝐝𝐞 𝐝𝐚𝐭𝐨𝐬 𝐚𝐜𝐭𝐮𝐚𝐥𝐢𝐳𝐚𝐝𝐚 cos contactos (teléfonos e correos electrónicos) das 𝐞𝐦𝐩𝐫𝐞𝐬𝐚𝐬 𝐞 𝐩𝐞𝐫𝐬𝐨𝐚𝐬 𝐚𝐮𝐭ó𝐧𝐨𝐦𝐚𝐬 do noso concello.

O 𝐨𝐛𝐱𝐞𝐜𝐭𝐢𝐯𝐨 desta base de datos actualizada é poder coñecer mellor o noso tecido empresarial e as súas necesidades e demandas e ao mesmo tempo establecer unha comunicación estable, fluída e dinámica coas nosas empresas e persoas autónomas para 𝐟𝐚𝐜𝐞𝐫𝐥𝐥𝐞𝐬 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐫 𝐢𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐜𝐢ó𝐧 que poida ser do seu interese: 𝓼𝓮𝓻𝓿𝓲𝔃𝓸𝓼 𝓶𝓾𝓷𝓲𝓬𝓲𝓹𝓪𝓲𝓼; 𝓬𝓱𝓪𝓻𝓵𝓪𝓼, 𝔁𝓸𝓻𝓷𝓪𝓭𝓪𝓼 𝓮 𝓪𝓬𝓬𝓲ó𝓷𝓼 𝓯𝓸𝓻𝓶𝓪𝓽𝓲𝓿𝓪𝓼; 𝓪𝔁𝓾𝓭𝓪𝓼 𝓮 𝓼𝓾𝓫𝓿𝓮𝓷𝓬𝓲ó𝓷𝓼, 𝓮𝓽𝓬.

Se eres autónomo/a ou tes unha empresa e 𝐧𝐨𝐧 𝐧𝐨𝐬 𝐩𝐮𝐱𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐞𝐧 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐚𝐜𝐭𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐭𝐢𝐠𝐨 é debido a que non dispoñemos dos teus datos de contacto, polo que che agradeceríamos que te puxeras en contacto con nós á maior brevidade no teléfono: 𝟖𝟖𝟏 𝟗𝟖𝟏 𝟓𝟓𝟑.

 

𝐇𝐨𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨 𝐝𝐞 𝐚𝐭𝐞𝐧𝐜𝐢ó𝐧 𝐭𝐞𝐥𝐞𝐟ó𝐧𝐢𝐜𝐚: de luns a venres de 8 a 21 horas.

Dende o 26/08/2021, ata o 14/09/2021,  está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais ao alumnado para adquisición de material informático.

O obxecto das presentes bases é regular as normas polas que se rexerá a convocatoria extraordinaria que efectúa o Concello de Cerceda para a concesión de axudas económicas dirixidas as unidades familiares para a adquisición de equipamentos informáticos, coa finalidade de incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior, para poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semi presencial ou a distancia.

A axuda vai dirixida ao alumnado residente no concello de Cerceda e que estea matriculado nun centro de ensino e que curse: educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional de grao medio ou superior ou estudos universitarios.Esta convocatoria réxese pola Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cerceda (BOP núm. 120, de 26 de xuño)

2. GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:

a) ordenador de mesa e pantalla

b) ordenadores portátiles

c) gastos destinados a asegurar a conectividade mínima aos recursos dixitais: enrutador, amplificador de sinal, cámara web, altofalantes, auriculares e rato.

d) Impresoras, teclados ou pantallas.

2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria os gastos derivados da compra de tabletas, libros electrónicos e/ou teléfonos intelixentes.

Para mais información poden contactar co Departamento de servizos sociais, no telf.: 981 68 60 68, ou ben consultar as bases reguladoras no seguinte enlace:

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/08/25/2021_0000006421.pdf

 

Descargar solicitude

 

Páxina 11 de 27