Lugar do Acevedo s/n
15186 Cerceda
Teléfono: 981 685 001
Horario:
- Martes, xoves e sábado de 09:00 a 14:00
Lugar do Acevedo s/n
15186 Cerceda
Teléfono: 981 685 001
Horario:
Recollida o último venres de cada mes (se coincide día festivo, concretar nova data)
IMPORTANTE AVISAR ANTES DE DEPOSITAR O RESIDUO:
Os residuos deben depositarse preto do contenedor do lixo, o día anterior á recollida ou o mesmo día antes das 7:00 horas
PARA SOLICITAR A RECOLLIDA:
Pode chamar por teléfono ao número 981.69.30.72
Ou por Whatsapp ao número 616.167.131 (indicando nome e apelidos, dni e enderezo)
O próximo día 04/12/2024 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.
O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:
1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.
2. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa, nun único punto de carga dentro da explotación.
3. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)
Servizo de información por WhatsApp
O Concello da Cerceda ten en funcionamento unha canle de comunicación mediante a aplicación WhatsApp co obxectivo de ofrecer á cidadanía información directa sobre eventos e noticias de interese e de carácter municipal.
PROCEDEMENTO DE ALTA E BAIXA
Para darte de alta e recibir as mensaxes do Concello da Cerceda no teu WhatsApp, segue as seguintes instrucións:
https://chat.whatsapp.com/BweS7wBUeteLKJT6J6Vtox
3. Recibirás unha mensaxe de benvida confirmando a alta no servizo.
4. Para darte de baixa, envía unha mensaxe co texto BAIXA e deixarás de recibir a información.
NORMAS DE USO
Trátase dun servizo de comunicación unidireccional, polo que as persoas usuarias non poderán enviar mensaxes de resposta nin realizar consultas a través dese número de WhatsApp.
Ao darse de alta no servizo acéptanse as condicións e normas de uso expostas. O incumprimento das normas suporá a baixa automática por parte do administrador.
Para contactar co Concello da Cerceda deben utilizarse os medios habilitados vía web (cerceda.org), teléfono (981685001) ou presencialmente na Casa Consitorial.
INFORMACIÓN DE PROTECCIÓN DE DATOS
Consulte a normativa vixente de Protección de Datos persoais. Informámoslle de que o Responsable de Tratamento e o Concello da Cerceda con NIF: P1504200E e domicilio en Avd. Meson 21, 15185, Cerceda (A Coruña).
A finalidade do tratamento e remitir e informar aos interesados das iniciativas, acontecementos, programacións da axenda municipal e da información que poida ser de interese. A base xurídica de lexitimación para o tratamento dos datos persoais radica no consentimento explícito manifestado ao darse de alta no servizo así como o cumprimento dunha misión de interese público.
Os datos serán conservados mentres a persoa usuaria non solicite a baixa no sistema de comunicacións. Con todo, os datos poderán ser conservados, no seu caso, con fins de arquivo de interese público, fins de investigación científica e histórica ou fins estatísticos. Os datos non serán cedidos ou comunicados a terceiros, salvo nos supostos previstos na Lei. Con todo, os datos poderían ser obxecto de cesión ou comunicación aos operadores de telefonía móbil ou outros servizos técnicos a fin de prestar o soporte necesario para o envío da información. Poderanse realizar transferencias internacionais de datos dado que WhatsApp é unha empresa con sede nos EE.UU.
As persoas usuarias do servizo poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación ou oposición, presentando un escrito no rexistro do Concello de Cerceda ou mediante correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. achegando fotocopia do DNI ou equivalente que permita a súa identificación. No caso de que actuase mediante representante, legal ou voluntario, deberá achegar, tamén, documento que acredite a representación e o documento de identificación do mesmo. Ademais, lembrámoslle de que pode dirixirse ao organismo de control (AEPD en España) para obter información adicional ou presentar unha reclamación.
Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024. Terán preferencia a rapazada que non participase en ningunha Campaña de Neve da Deputación.
Inclúe o transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
>>> Ver ou descargar información e formulario
INFORME-PROPOSTA Á XUNTA DE GOBERNO LOCAL PARA A CONCESIÓN OU DENEGACIÓN DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA OS DESPRAZAMENTO CON FIN ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025
ANTECEDENTES
Vistas as bases da convocatoria de axudas municipais para os desprazamentos con fin escolar para o curso 2024/2025, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 103 do 29 de maio de 2024, e expediente de tramitación 2024/A011/000004 .../...
>>> Ver ou descargar documento completo (pdf, 53Kb)
Bases reguladoras para a selección do alumnado e persoal docente e de apoio.
>>> Ver ou descargar pdf (370 Kb)
Páxina 1 de 27
Concello de Cerceda
Validación W3C
Validación WAI-AA
[ : ; = · ] : rop bew oñesed