As operadoras de telefonía móbil, anunciaron que nas próximas semanas levarán a cabo o proceso de implantación de servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, nas bandas de 800 e 700 MHz en Cerceda, o que permitirá dispor de conexións móbiles de alta velocidade con mellor cobertura no interior dos edificios e maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), LLega700 é a entidade posta en marcha polas operadoras para solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

O proceso de implantación estase realizando de xeito paulatino por toda a xeografía nacional. Para consultar as localidades nas que xa están activos estes servizos, pódese consultar a seguinte ligazón: https://www.llega700.es/contacto_mapa.php

Teléfono gratuito de atención ó cidadán: 900 833 999

www.llega700.es

 

Ver ou descargar documento informativo completo (pdf)

 

infografia700

Tal e como lle foi comunicado ao seu Concello, tras o inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) na zona, podían producirse afectacións na recepción de televisión dixital terrestre (TDT).

Para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade LLEGA700 leva a cabo as actuacións técnicas necesarias nas instalacións de recepción dos usuarios de TDT. Estas actuacións son de carácter gratuíto para os cidadáns afectados.

De acordo á Orde Ministerial1 que regula este proceso, o prazo para solicitar as actuacións en caso de afectación por parte dos usuarios de TDT, é de seis meses desde a data de posta en servizo das estacións de telefonía móbil.

Mediante a presente comunicación informámoslle que está a piques de finalizar o prazo habilitado de 6 meses, desde o aceso dunha ou varias das estacións que afectan o seu municipio, para resolver incidencias na recepción da TDT sen custo para os cidadáns.

Non obstante o anterior, infórmase que o 31-10-2024, finalizará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos de 4G e 5G.

No futuro, no seu municipio poderíanse acender novas estacións base de telefonía móbil, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo, nese caso volveríase a informar o seu Concello e atenderíanse de forma gratuíta as incidencias que se producisen, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.

En caso de calquera dúbida ou de requirir información máis detallada sobre as estacións do seu municipio pode chamar ao teléfono gratuíto da Oficina Técnica de Concellos de LLEGA700, 900 831 902, onde se lle facilitará toda a información referente ás posibles afectacións ocasionadas por estacións base de telefonía móbil no seu municipio ou en municipios lindeiros.

Lembramos que para poder atender no centro de atención ao usuario e poder resolver as incidencias, terán que comunicarse ao teléfono gratuíto 900 833 999.

Xa está aberto o prazo de inscrición na actividade de mindfulness municipal. Esta iniciativa forma parte do programa 'En forma mente e corpo' e traballarase a actitude, a alimentación saudable e a actividade física.

O curso estenderase dende outubro ata maio, con dúas sesións ao mes, que se celebrarán os sábados en horario de 10:00 a 12:00 horas no viveiro de empresas de Cerceda.

O prezo da actividade son 20 euros ao mes.

Descarga aquí abaixo a túa solicitude.

Attachments:
FileFile size
Download this file (SOLICITUDE EN FORMA MC(MENTE E CORPO).pdf)Solicitude154 kB

Programa de Actuacións Preventivas do Convenio interadministrativo entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de CERCEDA, para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2024, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

240929 incendios
 

Vistas as bases da convocatoria de axudas municipais á escolarización para o curso 2024/2025, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 149 do 7 de agosto de 2023, e
expediente de tramitación 2024/A003/000004.


Rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas, de acordo coas anteditas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais.


O importe total concedido acadaría o importe de 30.450,00 euros, execedendo o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo Art.igo 3 da base da convocatoria “no caso de o
importe das axudas concedidas sexa superior ao crédito dispoñible, retearease este entre tódalas solicitudes de xeito que as axudas concedidas sufrirán unha diminución da cantidade concedida” , en aplicación a dita regulación a contía das axudas será do 82,10 % do importe da contía, resultando o importe de concesión total 24.999,45 €  .../...

Attachments:
FileFile size
Download this file (PARA PUBLICAR AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN.pdf)Descarga o documento completo198 kB

ORDE do 2 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI440A).

>>> Ver ou descargar documento completo (DOG. 153 8/08/24)

>>> Ver ou descargar solicitude

240801 2

PLAN MELLORA DE CAMIÑOS RURAIS 2023-2024 (MR701E)

Dentro desta convocatoria o Concello de Cerceda executou dúas obras:

  • Mellora de Acceso en Pazos – Adro (Rodís)
  • Acceso a Sobredafonte dende a AC- 409 (Cerceda)

A execución dos proxectos orzamentouse en 65.244,82 euros e contou cunha subvención da Consellería de Medio Rura,l a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, de 59.484,00 euros.

240801 1

 

O alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, recibiu hoxe no Concello ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Ambos se reuniron para tratar asuntos clave para o desenvolvemento do municipio, como a transición enerxética -coa saída hoxe a audiencia pública do concurso de conexión a subestación de Meirama, que porá en valor proxectos industriais que fomenten o emprego, a formación e o autoconsumo- e os últimos investimentos nesta materia realizados e comprometidos polo Goberno no municipio, cuxa suma ascende a 25 millóns de euros. 

Rodríguez agradeceu ao delegado o compromiso amosado polo Goberno central con Cerceda e fixo un repaso das principais achegas deste no municipio. Nomeou, entre outras, as axudas para a transición ecolóxica, que “debe facerse dende o progreso e o equilibrio, onde cabe o beneficio privado pero tamén hai marxe para os ingresos públicos, o emprego e a sostibilidade”.

Mencionou tamén o PERTE para a planta de hidróxeno verde, que supón un investimento de 15 millóns; e os 3 millóns para axudas a proxectos empresariais, que apoian iniciativas por valor de 16 millóns de investimento e que xeran 60 empregos directos.

Puxo en valor o “impacto público das políticas do Estado no territorio”, destacando as relacionadas coa transición ecolóxica, que definiu como un “obxectivo irrenunciable en base ao cal se fundamenta o futuro desenvolvemento do noso municipio”. A este respecto, lembrou que “o Concello de Cerceda acaba de facer seis sendas peonís, rehabilitar o edificio público do Moucho e implantar luminarias de tecnoloxía LED en toda a parroquia de Xesteda grazas a fondos do IDAE” (Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía).

Ademais, está a piques de comezar a construción da senda peonil que unirá os núcleos de Xermar a Ribasoutas, que tamén conta con financiamento estatal; e xa está concedida unha axuda de 1,2 millóns de euros para a instalación de placas fotovoltaicas no Aquapark cercedense, o que permitirá o autoconsumo desta infraestrutura.

Pola súa banda, Blanco remarcou que “o Goberno de España está facendo inversións reais en Cerceda”. Afirmou que a suma de todos os investimentos relacionados coa transición xusta no municipio ascende ata os 25 millóns de euros, “que van a tres eixos fundamentais: a planta de hidróxeno verde, a mellora da estación ferroviaria e na Vía Verde ata Santiago de Compostela”.

“O Goberno de España está cumprindo coa súa labor nesta materia”, subliñou o delegado, quen reclamou á Xunta de Galicia que “axilice a chegada deses 111 millóns de euros que xestiona e dos que aínda non se adxudicou nin o primeiro”.

Ademais, ás 12:00 horas realizouse un minuto de silencio en memoria das cinco vítimas de violencia de xénero desta fin de semana en España.

Páxina 1 de 26