
A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
- AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
- ESPECTÁCULO: PATAPATÚM. COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE
- Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Este venres toca unha nova sesión de Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva, co espectáculo "Unhas botas misteriosas" da compañía Trinke Trinke. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA // VENRES 26 DE ABRIL ÁS 17H30
- ESPECTÁCULO: Unhas botas misteriosas
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001

O sábado 27 de abril levarase a cabo unha andaina dende o Campo da Feira ata o Xardín Botánico e a Aula da Natureza.
A hora de saída será ás 11 da mañá dende o Campo da Feira de Cerceda, iremos ata o Xardín Botánico e visitaremos a Aula da Natureza, logo continuaremos polo Paseo do Acevedo, e a volta unha pequena parada para coller folgos e volta para Cerceda.
Para anotarse ao 981685001 ou 682348556.
Agardámosvos.

Do 15 o 30 de abril abre o prazo de solicitude de praza na escola infantil municipal Os Pillabáns para o curso 2019-2020.
Documentación que debe achegar xunto co modelo de solicitude:
1. DNI dos pais/nais/titores/as.
2. Libro de familia (todas as paxinas dos membros da unidade familiar)
3. Autorización para que o Concello recabe os datos tributarios relativos ó nivel de renda (inclúese no modelo de solicitude)
4. Xustificantes de ocupación ou desemprego:
- Empregados/as: última nómina ou certificado de empresa
-Desempregados/as: certificado de desemprego
5. IBAN bancario
6. Tarxeta sanitaria do/a alumno/a
Outros casos:
- Certificado de minusvalidez
- Certificado médico no caso de enfermedades crónicas ou outras afeccións
- Documentación que acredite as situacións de separacións, abandono do fogar, etc.
IMPORTANTE: AO ENTREGAR A SOLICITUDE NO REXISTRO DEBERÁ PRESENTAR OS DOCUMENTOS ORIXINAIS.

Programa de benestar a través da talasoterapia 2019
Persoas beneficiarias e requisitos
- Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións.
- Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e estar en condicións de participar no programa.
- Non padecer alteracións do comportamento que podan afectar á normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos de talasoterapia.
- Acadar, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos talasos e quenda solicitada.
Servizos e prestacións que se inclúen
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en cuartos dobres de uso compartido.
- Acceso diario ao circuíto mariño
- Póliza colectiva de seguro turístico
As persoas beneficiarias que estean interesadas en aloxarse en habitación individual, no caso de que houbese dispoñibilidade, teranse que facer cargo da diferenza do custo que supoña, e as que precisen dalgún tipo de apoio ou dieta especial terano que indicar no momento de presentar a solicitude e acreditalo ao incorporarse á quenda.
As persoas beneficiarias que estean interesadas en participar nas excursións ou actividades con custo adicional que organice o establecemento hoteleiro ou residencial terano que facer polos seus propios medios e ao seu cargo.
O desprazamento desde o domicilio ata o talaso, así como o de regreso, será por conta das persoas beneficiarias, sen prexuízo de que se poidan acoller ás facilidades para o transporte que oferte o establecemento, de ser o caso.
Documentación
Solicitude anexo I os anexos II e III, se procede, a seguinte documentación:
- Copia compulsada do pasaporte, se procede, relativa á persoa solicitante e, se fose o caso, á que a acompaña: cónxuxe, parella de feito ou relación análoga á conxugal, filla ou fillo con discapacidade ou outra persoa.
- Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir ao programa acompañada dun fillo ou filla con discapacidade.
- Certificado do grao de discapacidade do fillo ou filla da persoa solicitante, se o dito certificado non fose expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.
- Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoa solicitante e da acompañante, se for o caso.
- Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira dalgunha atención especial (tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual...).
Prazo de presentación
Un mes desde o día seguinte á publicación da orde no DOG. Ata o 2 de maio de 2019.
No Boletín Oficial da Provincia de 01/02/2019 , núm. 23, publicanse as bases e a convocatoria de probas selectivas para a selección de dous/ duas técnicos /as de orientación, prospección e intermediación laboral, e as bases e a convocatoria de probas selectivas para a selección dun/ha administrativo/a para o Programa Integrado + EMPREGO.
Data de exposición: dende 04/02/2019 ata o 08/02/2019.
DECRETO DE CORRECCIÓN DATA DA PROBA DE ADMINISTRATIVOS
Acta da convocatoria de exame CELGA
Acta proba de competencia en lingua galega
Acta final da proba de seleción dun/ha administrativo/a
Acta final de proba de selección de técnicos/as
Acta de relación nominativa final

Dende o Ecomuseo queremos achegarche outro dos nosos museos, neste caso o Museo da Minería. Foi inaugurado en 2015 amosa e analizar a pegada paisaxística, social e económica dos case 30 anos de explotación mineira.
O vindeiro sábado 30 de marzo ás 11:00 da mañá farase unha visita guiada polo Museo da Minería, se queres vir a coñecer a historia da explotación mineira debes anotarte no 981685001 ou no 682348556
A Biblioteca de Cerceda vivirá unha nova sesión de Merendas e Contos este venres 22 de marzo, a partir das 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001.
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 22 DE MARZO ÁS 17H30
- ESPECTÁCULO: ¿DE ONDE VEÑEN OS BEBÉS?
- INSCRICIÓNS: NAS OFICINAS XERAIS OU NO TELÉFONO 981685001
BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DA CORUÑA
MARTES, 12 DE MARZO DE 2019 BOP NÚMERO 49
RESOLUCIÓN DE APROBACIÓN DE RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A PRAZA DE ALBANEL/A LABORAL FIXO
BOLETÍN OFICIAL DEL ESTADO
Núm. 12 Lunes 14 de enero de 2019 Sec. II.B. Pág. 2502
Resolución de 28 de diciembre de 2018, del Ayuntamiento de Cerceda (A Coruña), referente a la convocatoria para proveer una plaza.