
Rematado o prazo de presentación de solicitudes , para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material e vestiario para o curso 2017/2018, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, a Xunta de Goberno Local celebrada o día 08/11/2017, aprobou a resolución definitiva das solicitudes concedidas e as denegadas, así como as contías das axudas.
Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 13 das bases da convocatoria disporán dun prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa, establecida no artigo 12 de ditas bases.
Prazo de xustificación: do 1 ao 15 de decembro de 2017
Máis información no teléfono 981 68 60 68

O Concello de Cerceda a tráves dunha subvención recibida para equipamentos térmicos de biomasa do Instituto Enerxético de Galicia acaba de executar o proxecto de instalación dunha caldeira de pellets na Biblioteca Municipal de Cerceda.
Con este proxecto contase de acadar un importante aforro enerxético na instalación.

Con data 06/11/2017 o alcalde, José García Liñares, aprobou por decreto nº 680/2017, as listaxes coa relación das solicitudes completas e as pendentes de subsanar documentación, para as axudas municipais para o transporte escolar para o curso 2017-2018.
Informar ás persoas interesadas que disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida a contar a partir do día seguinte desta publicación.
No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello, a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.
Prazo de subsanación: ata o día 21/11/2017
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Domingo, 05 de novembro – MALASOMBRA--- OS ROCKEINSTEIN
Ás 18:00h
Auditorio municipal de Cerceda
O doutor Rockenstein é un gran profesor, un gran científico, un inventor, pero tamén é un apaixoado da música consciente de que a boa música está desaparecendo do planeta. Para remedialo, no seu laboratorio decide crear un ser vivo, unha criatura e convertela nunha verdadeira estrela musical que salve ó mundo da desaparición do Rock´n Roll, e para iso, mestura na súa máquina de experimentos os ingredientes necesarios para crear unha estrela do rock.
Un espectáculo de humor no que non faltará a boa música destas futuras estrelas do rock!!
Para todos os públicos. Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Este venres, 27 de outubro ás 17:30, na Biblioteca municipal de Cerceda toca unha nova sesión de Merendas e Contos. Títeres Cachirulo presenta o seu espectáculo "A cabeza do dragón". Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001.
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA-- VENRES, 27 DE OUTUBRO// ÁS 17:30H
- Espectáculo: A cabeza do dragón de Títeres Cachirulo. A partir de 4 anos
- Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2017.

O Concello de Cerceda pon en marcha o sistema de información móbil TokApp. A través desta plataforma de notificacións poderás recibir todos os avisos e notificacións do noso concello.
O sistema require ter descargada a aplicación, TokApp, no teu teléfono ou tableta e cubrir un sinxelo formulario para darse de alta. Podes facelo dende o seguinte enlace
Non perdas a oportunidade de estar informado de todo o que pasa no teu concello!

O concello de Cerceda, organiza para o sábado 4 de novembro, unha viaxe a Sarria, co seguinte programa:
8.30 Saída de diante do Museo do Moucho
10.00 Chegada a Sarria
Visita polo pobo
14.00 Xantar
A tarde baile
19.00 Saída para Cerceda.
* O programa está suxeito a modificacións que poidan darse ata o día da viaxe
O precio por persoa é de 22 €.
Para mais información poden chamar ao 981 68 60 68.

Tras o encontro do alumnado de Cerceda, no mes de maio, coa escritora María Canosa chega a adaptación teatral de Rubicundo, de Teatro dos Ghazafelhos, ao Auditorio municipal este domingo 8 de outubro ás 18:00h. Non podes perdelo!
Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a
poesía, abríndonos a posibilidade de perseguir os nosos soños sen sentir límites nin
distancias…
Rubicundo é unha obra de teatro actoral onde tres personaxes interactuan con
obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Coa fermosa historia de María
Canosa de fondo, Ghazafelhos propón unha posta en escena chea de sorpresas
pasando pola música, os monicreques, acrobacia, claqué... Unha mestura de xéneros
que Ghazafelhos soe propor para sorprender a un público familiar e facer difícil de
esquecer esta máxica historia.
Público: Familiar (recom.+5 anos)
Duración: 60 min.
- DOMINGO, 8 DE OUTUBRO -- ÁS 18:00H
- AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA
- Entrada de balde ata completar aforo.

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes vai levar a cabo a realización dun curso básico de lingua galega dirixido fundamentalmente a persoas interesadas na adquisición das competencias básicas en lingua galega (poboación non galega, basicamente):
Curso básico de lingua galega
Prazo de solicitude: ata o 11 de outubro
Lugar: SNL da Mancomunidade de Ordes, de 08:00 a 15:00 horas (tel.: 981 680 002, ext.120)
Datas de realización do curso: 17 outubro-7 decembro 2017 (martes e xoves, de 10:00 a 12:30 horas)
Lugar de realización do curso: o concello que teña máis solicitudes
Chega á Biblioteca municipal da Silva, dentro da programación do Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas de Galicia, o espectáculo CONTOS DE MARMALEIRO, ANÍS E LIMÓN de Marisa Irimia. Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que vos farán gozar e que vos iniciarán no camiño dos relatos e as historias.
Público: Nenos de 4 a 10 anos.
BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA -
- VENRES, 29 DE SETEMBRO
- ÁS 17:15H
Inscricións das Oficinas xerais do Concello ou no teléfono: 981685001, a partir do luns 25 de setembro.

O próximo domingo, 1 de outubro, a Polideportiva de Cerceda acolle o II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda, incluído no II Circuíto intercomarcal da Deputación da Coruña. O encontro terá a partir das 15:45h. Consulta as Bases do Aberto e o proceso de inscrición na proba:
Bases do II Aberto de Xadrez Concello de Cerceda – VIII proba de II Circuito Intercomarcal Deputación da Coruña
Data: domingo 1 de outubro de 2017.
Local de xogo: Polideportiva de Cerceda.
Sistema de xogo: suizo a 7-8 rondas dependendo do número de xogadores.
Ritmo de xogo: 10´+ 2”
Horario de xogo: 15:45 presentación, 16:15: 1ª ronda, 21:30 clausura
Inscricions: xeral 6€, sub-16 3€, locais: 3€, exentos GM-MI. Pódense realizar no mail
Emparellamentos: realizarase mediante programa informático, non se admitirán reclamacións salvo erros na introducción de resultados antes da seguinte rolda.
Participantes: todos os xogadores deben estar federados (se algún non o esta podemos federalo ata o día 30), o torneo será válido para ELO FIDE de xadrez rápido.
Desempates: resultado particular, bucholz -1, bucholz total e progresivo.
Tempo de espera: hasta a caída da bandeira. Un xogador que non compareza a partida sin causa xustificada será eliminado do torneo.