
En continuidade con una serie de accións formativas realizadas por ACOPROS, en colaboración co Concello de Cerceda, esta aberto o prazo para anotarse no “ Programa de Estimulación Cognitiva”.
Este programa empezaría a partir do 19 de abril, e esta dirixido a todas as persoas interesadas, a partir de 55 anos.
As sesións de estimulación serían semanais en sesións de 45 minutos, con obxectivos individualizados de estimulación.
Para anotarse ou mais información, pode facerse no departamento de Servizos Sociais Municipais, telf : 981 68 60 68
O xoves 15 de abril abre o prazo para a solicitude de matrícula.
Os impresos da solicitude poden descargarse na páxina web do Concello.
A documentación pode achegarse:
- Pola sede electrónica: Solicitude praza escola infantil
- Presencial no Rexistro Municipal.
Para calquera dúbida: Servizos Sociais 9816806068

Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o martes día 13, ata o mércores día 21 de abril 2021, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2021: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”
Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.
Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68
EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DE PROTECCIÓN ACÚSTICA DO EIXO ATLÁNTICO DE ALTA VELOCIDADE. TRAMO: PADRÓN - A CORUÑA
Os colexios de Cerceda CPI O Cruce e CEIP Celso Emilio Ferreiro van a participar no concurso de Entroido organizado desde o Concello de Cerceda.
Para o concurso de Máscaras de Entroido, o Concello fixo entrega dunhas máscaras, as cales os curso de Educación Infantil e Educación Primaria van a decorar con motivos de Entroido coas súas mestras e mestres, co fin de que todas/os nenas/os poideran participar no concurso.
Para o concurso de disfraces, participarán os cursos da ESO, e deben realizar un disfraz caseiro, e con unha temática vencellada a toda a situación xerada pola covid-19, faremos unha publicación das fotos que nos acheguen a
Xa está publicada a resolución definitiva da concesión. Os beneficiarios teñen ata 0 31 de marzo de 2021 para xustificar as axudas.

A Deputación da Coruña organiza en colaboración cos concellos da provincia un curso de Espazos acuáticos naturais e instalación deportivas (dobre certificación)
A formación realizarase na sede da Cruz Vermella, na Coruña. A primeira titulación comezará no mes de febreiro (espazos acuáticos naturais) e nos mes de setembro terá lugar o de instalación acuáticas.
Se tes 18 anos cumpridos é estas interesado podes presentar a túa solicitude ata o 3 de febreiro.
Cantacta co Servizo de Promoción Económica do Concello de Cerceda, no 981685001 ext. 9.
Dada a situación sanitaria actual é imprescindible que CONCERTES UNHA CITA.