
A Xunta volve poñer en marcha o programa Benestar en Balnearios. Unha experiencia de lecer e saúde destinada aos maiores de Galicia.
Estadías de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) a escoller entre 15 balnearios de Galicia, quendas desde 15 xullo ata o 31 de decembro de 2025.
Dirixido a persoas maiores de 60 anos (ou pensionistas maiores de 55) e un ou dous acompañantes.
Prazo de inscrición: do 17 de xuño ao 16 de xullo de 2025.
Máis información: 981 68 60 68
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
ORDE do 2 de xuño de 2025 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.
O artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios forestais en Galicia e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto, que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia .../...

O próximo día 14/07/2025 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.
O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:
1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.
2. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa, nun único punto de carga dentro da explotación.
3. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)
O día 17 de Xuño de 2025, ao longo da tarde (aprox.17:00 horas), vaise realizar unha proba das sereas da Presa de San Cosmade, que no caso de producirse un incidente grave actuaría como elemento de aviso á poboación.

Con data 11/06/2025 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 110, as bases polas que se rexerá a convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso escolar 2025-2026.
O prazo de solicitude das axudas será dende o 12/06/2025, ata o 1/07/2025 (ambos os dous incluídos)
Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:
a) Libros de texto
b) Material escolar, inclúese neste apartado a adquisición de pendrives, sempre que sexa material solicitado polo centro educativo.
c) Vestiario básico
Non é obxecto de financiamento desta convocatoria o equipamento deportivo para as actividades extraescolares, así como, os gastos derivados da adquisición de dispositivos e material informático (ordenadores, impresoras, tablets, ).
Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais, no telf.: 981 68 60 68.
Listaxe definitivo do alumnado admitido e listaxe agarda da escola infantil municipal Os Pillabáns para o curso 2025/2026

O día 1 de xuño de 2025 ábrese o prazo para facer as comunicacións para a celebración de San Xoán; estas poderanse enviar por correo electrónico a
O prazo remata o día 20 de xuño ás 12:00, data na que se remitirá a listaxe a Consellería de Medio Rural.
No Concello, unicamente se recollen solicitudes para a noite de San Xoán o 23 de xuño, fóra desa data deberán solicitar permiso de queima chamando ao 012 (se non nos atopamos en período de máximo risco de incendio).