O Concello de Cerceda en colaboración con Sogama, repartirá unha nova remesa de composteiros domésticos.

Nota: composteiros: agotados.

composteiro2

A veciñanza que non se fixo cun composteiro na anterior convocatoria, poderá solicitalo a través do teléfono 881.04.67.76 ou do correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

As unidades son limitadas e entregaránse por estricta orde de solicitude, ata rematar as existencias.

Levamos servizos asistenciais ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia. Prestamos servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Percorremos os concellos para que os maiores poidan permanecer coidados na súa contorna.

Cita previa. Horario 09:00-20:00 horas.

622 748 283

623 546 992

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ver ou descargar tríptico pdf

O alcalde visita o inicio das obras en Xesteda

Cerceda, 31 de maio de 2022 – O Concello de Cerceda comeza a reforma do interior do edificio municipal que se atopa preto da área recreativa de Xesteda para convertilo nun Centro Social e Cultural, nun proxecto que pretende dinamizar a parroquia, dando servizo e actividade á súa poboación cunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza.

O obxectivo do goberno local e que o inmoble acolla actividades de todo tipo, e para todas as idades, de diversa índole como culturais, educativas, lúdicas e asociativas, xa que actualmente esta parroquia non conta con ningún local destas características.

Así, actuarase no acceso cara o primeiro andar desde o exterior polo baixo, así como un espazo fóra que servirá como aparcadoiro. No que se refire o interior, adecuaranse os espazos referentes o vestíbulo de acceso, o aseo da planta baixa, o almacén da planta baixa, o vestíbulo e o aseo da primeira planta e as dúas salas multiusos do primeiro andar.

Tamén se executarán todos os acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos. Colocaranse elementos de illamento térmico nas fachadas. Realizarase unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanaría, saneamento, baixa tensión e alumeado.

O alcalde, Juan Rodríguez, acudiu hoxe ao comezo dunhas obras “coas que queremos dinamizar a vida asociativa, cultural e lúdica no noso municipio”, apuntou.

O goberno local contacta coa inspección educativa territorial para mellorar a xestión das escolas de Cerceda

 O goberno local contacta coa inspección educativa territorial para mellorar a xestión das escolas de Cerceda, en prol dunha solución o máis vantaxosa posible para todas as persoas afectadas. As concelleiras Catrina Queijo e Cristina Capelán trasladáronlle as demandas da comunidade educativa o xefe territorial, Indalecio Cabana. Tras varias conversas entre o Concello e a Xunta de Galicia, definirase a área de influencia de maneira equitativa, quedando do seguinte xeito: o CPI O Cruce acollerá o alumnado que curse Educación Infantil e Primaria das parroquias de Cerceda, Meirama e as Encrobas. O CEIP Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, paralelamente, acollerá á rapazada de Educación Infantil e Primaria das parroquias de Rodís, Xesteda e Queixas. 

Disporase, con todo, dos mesmos servizos complementarios, comedor de transporte, aínda que de momento tan só lle afectaría ás novas matrículas. A edila responsable de Educación, Cristina Capelán,  comenta que “estamos agardando concrecións por parte da entidade autonómica para poder definir claramente a estratexia que seguiremos de cara un novo curso escolar”, comentou. 

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.

No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

Unha vez rematado o prazo de solicitudes para a renovación de praza e de solicitudes de nova praza para a escola infantil municipal "Os Pillabáns" para o curso 2022-2023, todas as solicitudes foron baremadas de acordo co establecido no artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (publicado no BOP da Coruña número 231, do 5 de decembro de 2017).

Recordamos que os criterios de prioridade para a adxudicación das prazas son os seguintes:

1º- Alumnado con renovación de praza

2º- Fillos/as de persoal traballador da escola infantil

3º- Solicitantes con irmáns con praza renovada no centro

4º- Resto de solicitudes segundo puntuación acadada unha vez aplicado o baremo, valorando en primeiro lugar os menores empadroados en Cerceda, en segundo lugar os que non están empadroados pero que algún dos titores acredita o seu posto de traballo no termo municipal e en terceiro lugar o resto de solicitudes.

 

As persoas interesadas disporán dun prazo de 15 días hábiles, a contar a partir do día seguinte hábil desta publicación, para presentar as reclamacións que consideren oportunas contra esta resolución provisional.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

O Concello de Cerceda participará no programa de CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DO VERÁN DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2022.

Para participar neste programa desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación da Coruña no I.E.S. Rosalía Mera, onde os/as participantes poderán desfrutar dunha ampla variedade de actividades deportivas.

A quenda Concello de Cerceda é a 2ª (do 3 ao 8 de xullo).

 Nº de prazas: 5. (Prioridade os que nunca asistiron á campaña de verán).

 Poden participar: nenos/as empadroados/as no concello de Cerceda e nados entre o 1 de xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013.

 Cota de inscrición: 85 €

 Prazo de inscrición: do 13 de abril ao 20 de maio.

 Máis información: 981 68 50 36 ou 981 68 50 01 (Ext.8)

 

Ver ou descargar tríptico e ficha de inscrición

 

190422 campamentos

 

 

Dende o 15 ao 30 de abril de 2022 está aberto o prazo de solicitude de praza nova na escola infantil "Os Pillabáns" para o curso 2022/2023.

A documentación precisa que se debe de adxuntar xunto co modelo de solicitude é a que se acompaña no anexo. Esta documentación debe ser presentada no Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00horas a 14.00horas ou a través da Sede Electrónica.

Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (DOCUMENTACION NOVA PRAZA.pdf)DOCUMENTACION NOVA PRAZA.pdf96 kB
Download this file (SOLICITUDE NOVA PRAZA.doc)SOLICITUDE NOVA PRAZA.doc88 kB

Dende o Concello de Cerceda vaise a crear un 'Rexistro municipal de familias de acollida para persoas refuxiadas', co obxecto de axudar ás persoas e familias desprazadas de Ucraína debido ao conflito bélico que se vive no país.

Neste rexistro figurarán todas aquelas persoas de Cerceda que desexen acoller algunha persoa ou familia ucraína, ou que estean dispostas a poñer algún tipo de piso ou casa a súa disposición.

Se esta é a situación, podes poñerte en contacto co Concello de Cerceda chamando ao

981 685001 en horario de 9-14 horas.

A solicitude pode presentarse de xeito presencial ou telemática.

Os datos que solicitados serán postos a disposición do Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e a Fegamp para que no caso de que se organice algún programa de acollemento de persoas ucraínas refuxiadas.

GRAZAS POLA VOSA SOLIDARIEDADE!

>>> Ver ou descargar formulario de solicitude pdf (88k)

O próximo día 08/03/2022 farase unha nova recollida de plástico agrícola nas diferentes explotación agrícolas e gandeiras do Concello de Cerceda.

O procedemento para solicitar a recollida é o seguinte:

  1. Os interesados deben chamar ao 881.04.67.76 para solicitar o servizo indicando a cantidade a recoller e os datos do punto de recollida.

  2. O plástico debe estar nun lugar que sexa accesible para o camión encargado da carga con grúa.

  3. O plástico debe estar limpo, sen residuos e atado en fardos (senón é así non se poderá efectuar a recollida)

O Concello de Cerceda vén de mellorar a seguridade viaria coa instalación de elementos de sinalizción vertical e horizontal en varios puntos do municipio. As principais actuacións leváronse a cabo no Polígono Industrial e na contorna do campo de fútbol de O Roxo, aínda que tamén se advertiu da necesidade de colocar sinaléctica noutros lugares de especial sensibilidade, a informe da Policía Local.

Así, en tanto en canto á sinalización vertical no Polígono Industrial, instaláronse dúas sinais led de STOP en aluminio; dúas unidades de sinais de “ceda o paso” e substituíronse dous pasos de peóns que se atopaban en mal estado.

No que respecta á sinalización horizontal, ca finalidade de mellorar a seguridade da circulación e advertir aos condutores de que se están aproximando a un lugar no que é aconsellable a diminución da velocidade e un incremento na atención, instaláronse oito bandas transversais resaltadas, dous “STOP” e pintáronse varios cebreados para ter maior visibilidade.

Na contorna do campo de fútbol de O Roxo, colocouse un sinal de calzada sin saída e dous “STOP”. Destas últimas, tamén se pintaron varias no chan. O alcalde, Juan Manuel Rodríguez, sinala que “son actuacións moi importantes, e temos que recalcar as actuacións no Polígono Industrial, xa que se teñen reportado varios accidentes na zona próxima o Viveiro de Empresas, e con estas intervencións incrementamos as condicións de seguridade de traballadoras, traballadores e toda as persoas que acuden a esta zona”, nunha intervención que contaba “cunha ampla demanda e á que demos resposta”, sentencia o rexedor.

Infórmase de que o servizo móbil de nova xeración sobre a banda de frecuencia de 700 MHz dos principais operadores móbiles atoparase dispoñible na nosa localidade en fechas próximas.

A tecnoloxía prestada sobre a banda de frecuencia de 700 MHz, anteriormente utilizada pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), permite ofrecer unha mellor cobertura en interiores y maior extensión da cobertura.

Esta rede chega para mejorar a velocidade de conexión a internet, servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda, así como outros novos servizos.

A prestación dos servizos móbiles nesta banda pode afectar á recepción da sinal de TDT polo que se pon a disposición un teléfono de atención gratuíto para solucionar posibles afectacións, e de este xeito restablecer o servizo TDT de verse afectado.

A estes efectos, informamos que o número de atención gratuíto é o seguinte:

900 833 999

Unha vez iniciada a prestación do servizo mencionado, neste número de teléfono atenderase calquera solicitude de solución de afectación que presenten os veciños, sendo atendidas inmediatamente e ca máxima celeridade.
Trala notificación de afectación, un técnico cualificado desprazarase donde se teña detectado a afectación e procederá a realizar as labouras de acondicionamento necesarias para salientala.

Todo iso sen custo algún para os veciños.

Páxina 3 de 23