Rematado o prazo de subsanaciónde instancias para participar no proceso selectivo para a provisión, en réxime de interinidade, dunha praza de
administrativo/a, publicado no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña n.º 202, do 24/10/17...
Listaxe provisional bolsa emprego traballador/a social (02/03/2018)
Máis información:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/03/02/2018_0000001592.html
Convócanse as probas selectivas para o acceso a Bolsa de Emprego de Traballadores/as Sociais do Concello.
Máis información:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/09/2018_0000001072.html
Xa está todo previsto para celebrar o Martes de Entroido cunha boa festa no Polideportivo municipal de Cerceda. Non esquezas o teu disfraz e prepárate para xogar nos inchables, facerte unha fotografías divertidas no fotomatón e tomar unha boa merenda!
Dende o Concello de Cerceda, abriuse o prazo, para a Viaxe a Extremadura, dos días 21 ao 24 de marzo de 2018.
O programa, recolle varios aspectos a destacar tales como:
- Guía Oficial para visita de Mérida, Cáceres, Trujillo e Plasencia.-
- Entradas en monumentos emblemáticos: o Castelo árabe, Casa Museo Pizarro, Igrexa de Santiago, Aljibe Altamirano, Igrexa de Santa María.
o Teatro e Anfiteatro Romano, Alcazaba, Casa del Mitreo e Área Funeraria, Área Arqueolóxica de Moreira e Circo Romano.
o Palacio dos Golfines de Abaixo.
o O Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe.
O prezo por persoa en habitación dobre, é de : 295 €.
O prezo por habitación individual é de: 355 €
Para mais información poden acudir o 3º andar do edificio municipal, ou ben chamar ao 981 68 60 68.
File | File size |
---|---|
VIAXE A EXTREMADURA pagina 2.pdf | 45 kB |
O Concello de Cerceda co cofinanciamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e do Fondo Social Europeo, executou unha serie de melloras na Escola Infantil “Os Pillabáns”.
A través da convocatoria de concesión de axudas para o investimento na mellora de infraestructuras e do equipamento da escolas infantís, da Consellería de Política Social, de 32 de maio de 2017, o concello acometeu a cubrición do patio exterior da escola infantil, o que vai permitir unha optimización da zona de xogos e esparcimento dos/as nenos e nenas, subvenciona en 20.000 euros pola administración autonómica.Con esta convocatoria tamén se fixo unha inversión en equipamento en material audivisual e material educativo de aprendizaxe subvencionado con 8.639,85 euros.
O Concello de Cerceda, dende o Departamento de Servizos Sociais, tivo que realizar un cambio na data da viaxe, que queda marcada para o venres seguinte, día 9 a Santiago de Compostela, co seguinte programa:
09.00hs -Saída de diante do Museo do Moucho
Visita ao Museo do Traxe Juanjo Linares
Visita ao Parlamento de Galicia
14.00hs - Xantar no restaurante " Os Robles"
Sopa
Cocido
Postres caseiros, café , auga e refrescos
16.00hs Baile
19.00hs Saída para Cerceda
O prezo por persoa é de 22 ,00€.
Para anotarse deben acudir ao Concello ao 3º andar. Pode informarse no telf 981 68 60 68
O Concello de Cerceda organiza para a primeira fin de semana do mes de marzo, do 2 ao 4, unha viaxe a Cabeza de Manzaneda. Se tes entre 18 e 30 anos, ésta é a túa oportunidade para aproximarte á práctica deportiva do esquí. A viaxe inclúe:
* Aloxamento de dúas noites en Apartamentos Galicia (apartamentos para 4 persoas) en réxime de pensión completa (que inclúe: o uso da pisicina cuberta e climatizada)
* Sesións de 3 horas de iniciación na práctica do esquí, o sábado 3 e o domingo 4 de marzo.
* Material deportivo
* Forfait do día
* Autobús dende Cerceda a Cabeza de Manzaneda (e regreso)
PREZO: 125,00 euros por persoa (Sempre e cando se teña un grupo mínimo de 30 persoas)
APERTURA PRAZO INSCRICIÓN: Xoves, 1 de febreiro.
INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello
Este venres, 26 de xaneiro, voltan as Merendas e Contos á Biblioteca municipal de Cerceda. Non perdas a visita de Trinke Trinke, a partir das 17:15h, e non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001
Publícase a acta do Sorteo público das prazas asignadas ao Concello de Cerceda (4, en total) na Campaña de Inverno 2018 organizada pola Deputación da Coruña.
Accede dende aquí a Acta do Sorteo Campaña de Inverno 2018_Deputación da Coruña
File | File size |
---|---|
Acta Sorteo Público_CampañaInverno 2018_Deputacion.pdf | 71 kB |
O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir as SS.MM os Reis Magos de Oriente este venres, 5 de xaneiro. Está previsto o comezo do percorrido, a partir das 17h, dende a Casa do Concello. O acto de recepción as súas Maxestades será no Auditorio municipal, onde non faltarán os agasallos, o chocolate e o tradicional Roscón. Prepara a túa carta cos teus desexos !!
O Concello de Cerceda organiza un obradoiro de poda para o mes de xaneiro. A actividade desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro das 16:30 ás 18:30 h, no Centro cívico. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición nas Oficinas xerais do Concello. O número máximo de persoas inscritas será de 15 e para a súa realización será preciso un número mínimo de 10 solicitudes. O custe é de 12 euros.
CONTIDOS DO OBRADOIRO DE PODA:
Páxina 22 de 26
Concello de Cerceda
Validación W3C
Validación WAI-AA
[ : ; = · ] : rop bew oñesed