
O Concello de Cerceda acondicionará o interior do edificio municipal que se atopa preto da área recreativa de Xesteda para convertilo nun centro social e cultural, nun proxecto que pretende dinamizar a parroquia, dando servizo e actividade á súa poboación cunha instalación acorde ás necesidades demandadas pola veciñanza.
No mesmo, está previsto que se desenvolvan actividades de todo tipo, de diversa índole como culturais, educativas, lúdicas e asociativas, xa que actualmente esta parroquia non conta con ningún local destas características. Estará pensado para todas as idades.
Así, actuarase no acceso cara o primeiro andar desde o exterior polo baixo, así como un espazo fóra que servirá como aparcadoiro. No que se refire o interior, adecuaranse os espazos referentes o vestíbulo de acceso, o aseo da planta baixa, o almacén da planta baixa, o vestíbulo e o aseo da primeira planta e as dúas salas multiusos do primeiro andar.
Tamén se executarán todos os acabados interiores, en tarima de madeira laminada nas salas multiusos do primeiro andar, e en gres cerámico nos restantes espazos. Colocaranse elementos de illamento térmico nas fachadas. Realizarase unha renovación total da carpintaría e executaranse as instalacións de fontanaría, saneamento, baixa tensión e alumeado.
O alcalde, Juan Rodríguez, anuncia que “se trata dunha intervención coa que queremos continuar dinamizando a vida asociativa, cultural e lúdica no noso municipio”, di o rexedor, quen achega que “ cremos que este edificiovcolmará as demandas das veciñas e veciños da zona”.

Adrián López, coñecido no mundo do fútbol como “Piscu”, traerá a Cerceda os vindeiros días 8 e 9 o primeiro evento formativo para deportistas de alto rendemento, especialmente que estean a cursar estudos de bacharelato ou equivalentes, de idades entre os 18 e os 22 anos.
A idea do programa é contribuír e axudar a que “deportistas de toda Galicia” teñan unha oportunidade para compaxinar a competición de elite e os estudos académicos. Celebraranse tanto palestras informativas como encontros menos formais para que o que fose xogador do RCDeportivo, Wigan Athletic ou Club de Foot Montréal poida departir cos novos talentos.
O Concello de Cerceda, que colabora na cesión das instalacións, quere apoiar esta fantástica iniciativa para visibilizar unha cuestión que afecta a ducias de profesionais deportivos.
“O soño de calqueira futbolista é xogar en Primeira División, pero tan só o 1% teñen a oportunidade de chegar a ese nivel”, afirma “Piscu”, que fai fincapé na relevancia de “encarar unha nova etapa vital cunha base sólida, e isto só o asegura unha boa formación”.
Por iso, a través de bolsas económicas en países como Estados Unidos ou Dinamarca, os novos talentos poden compaxinar ambas actividades para que na balanza “ningunha das dúas teñan máis peso”, subliña Adrián López, quen afirma que “acadar o equilibrio entre eses dous mundos é moi complicado, e por iso ter xente o teu carón que che facilite a tarefa é fundamental”. “Piscu” quixo agradecer “o Concello de Cerceda a fantástica acollida e todas as facilidades que me deron desde o primeiro momento”, advertiu.

O Concello de Cerceda está inmerso na elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía (PACES), unha iniciativa europea na que os gobernos locais e rexionais comprométense de forma voluntaria a implantar no seu territorio os compromisos en materia de clima e enerxía da UE.
O Concello de Cerceda adheriuse o pasado mes de marzo ao Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía. O Pacto foi lanzado en Europa no ano 2008 e reúne a máis de 10.000 autoridades locais pertencentes a preto de 60 países de todo o mundo. Está coordinado en Galicia pola Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Entre os compromisos que se adquiren está reducir en, polo menos, un 40% as emisións de CO2 no Concello, partindo do ano de referencia o 2015. Ademais de aumentar a capacidade de resiliencia do Concello mediante a adaptación ao cambio climático.
Á súa vez, o primeiro obxectivo básico apóiase en dous complementarios:
Minimizar o consumo enerxético no municipio. Con especial incidencia no consumo eléctrico e de combustibles fósiles, especialmente o gasóleo A.
Incrementar o nivel de implantación das enerxías renovables. Existindo unha ampla marxe de mellora e oportunidade considerando o contexto ambiental e socioeconómico.
O equipo de goberno puxo en marcha os traballos previos para deseñar un plan de actuación propio e que está financiado a través dunha axuda da Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas. Nos últimos meses se leva traballando na elaboración dun Inventario de Emisións de Referencia (IER) e nunha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático. Esta semana presentáronse os resultados nunha sesión de traballo co equipo de goberno, na que se identificaron ademais as principais accións que formarán parte do Plan de Acción para a Enerxía Sostible e o Clima (PACES).

Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou a listaxe definitiva das axudas concedidas para adquisición de material informático para o curso 2021/2022.
Vistos varios erros nos importes da resolución definitiva, a Xunta de Goberno Local de data 10/11/2021 aprobou a listaxe definitiva corrixida.
Informar as persoas interesadas que o prazo de xustificación se amplía ata o 22/11/2021 para presentar a documentación xustificativa do gasto realizado. Para as demais persoas beneficiarias que nonse viron afectadas por esta corrección, o prazo de xustificación remata o 16/11/2021.
Mais información no Departamento de Servizos Sociais.

O vindeiro día 24/11/2021 en horario de 15:30 a 18:00 nas inmediacións do Auditorio municipal, Sogama (dentro da Semana Europea de Prevención de Residuos) vai colocar un punto informativo para abundar na correcta separación do lixo orgánico e o seu depósito, posterior, no contedor marrón.
O Concello de Cerceda xa conta coa implantación do 5ª contedor, polo que todos aqueles veciños que así o desexen poden dirixirse as oficinas da Área de Medio Ambiente e Servizos (3º andar) e solicitar a chave do contedor marrón e o seu kit domiciliario. Polo momento estes contedores están colocados nos núcleos urbanos de Cerceda e de A Silva, acadando un total de 80 puntos de depósito.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e valoradas, de acordo coas bases, polo persoal técnico do Departamento de Servizos Sociais, comprobase que non hai solicitudes pendentes de emendar documentación, polo que, de acordo co punto 9 das bases, formulase a proposta de resolución definitiva.
O importe total concedido non excedería o total de crédito retido para esta finalidade, polo que, de acordo co punto 3 das bases, tamén se propón para a concesión das axudas as solicitudes que inicialmente non foron consideradas como concedidas por superar os ingresos esixidos.
Con data 27/10/2021 a Xunta de Goberno Local aprobou dita resolución.
Informar ás persoas interesadas que de acordo co punto 10.1 das bases da convocatoria, disporán de prazo dende o día 1 ao 16 de novembro de 2021 para presentar, no Rexistro Xeral do Concello de Cerceda, a documentación xustificativa do gasto realizado. Pasado dito prazo sen que a persoa interesada presente a documentación requirida entenderase que renuncia a axuda e procederase ao reintegro da axuda.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981686068

Solicitar cita previa no Concello
Vista a evolución da pandemia vese necesario a implantación da cita previa para as oficinas municipais co fin de minimizar riscos, tanto para o traballador coma para a cidadanía en xeral, polo que procede o establecemento dos seguintes protocolos:
- A cita previa deberá solicitarse telefónicamente, no departamento ó queira dirixir, ou ben a traves da Sede Electronica https://sede.cerceda.es no apartado Solicitude de Cita Previa.
- As citadas daranse de 9 a 14 en intervalos de 20 minutos. Agás nos caso do rexistro presencial, que non se darán citas, atenderase por orde de chegada, gardando os usuarios as distancias de seguridade oportunas.
- Recomendase ó uso do rexistro electrónico a disposición na Sede Electrónica, sempre e cando sexa posible.
Cerceda, 2 de novembro de 2020.
O Alcalde-Presidente
Juan Manuel Rodríguez García.

O Concello de Cerceda informa que a Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia acaba de conceder aos Concellos de Cerceda, Tordoia e Trazo un obradoiro dual de emprego coas especialidades que se impartirán son Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes (Nivel 1) e Montaxe e reparación de sistemas microinfomáticos (Nivel 2).
BASES PARA A SELECCIÓN DO ALUMNADO TRABALLADOR E PERSOAL DIRECTIVO
RESULTADOS CUESTIONARIO MONTAXE E REPARACIÓN DE SISTEMAS MICROINFORMÁTICOS
LISTAXE DE PUNTUACIÓN ALUMNADO-TRABALLADOR OBRADOIRO DE EMPREGO CERCEDATORDOIA-TRAZO III
LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DIRECTIVO, DOCENTE E ADMINISTRATIVO DE APOI PARA O PROXECTO OBRADOIDO DE EMPREGO CERCEDA- TORDOIA – TRAZO III E CONVOCATORIA DE PROBA ESCRITA
ACTA DE GRUPO DE TRABALLO DO OBRADOIRO DE EMPREDO CERCEDA-TORDOIA-TRAZO III (22/10/2021)
Inscricións:
• Datas:
O 14 e o 15 de setembro as persoas empadroadas no concello de Cerceda.
O 16 e 17 de setembro as inscricións libres.
• Procedemento:
-Presencial, achegándose a Piscina Municipal de Cerceda.
-Por orde de chegada.
-Cada persoa pode inscribir máximo a 3 nenos/as.
• Horario de inscrición:
De 9:30 á 13 horas e de 15:30 á 19 horas.
ROGAMOS DISCULPEN AS MOLESTIAS QUE POIDAN XURDIR DOS PROTOCOLOS A SEGUIR DA NORMATIVA COVID, TENDO QUE LIMITAR A NOSA OFERTA.

Dende o 26/08/2021, ata o 14/09/2021, está aberto o prazo para solicitar as axudas municipais ao alumnado para adquisición de material informático.
O obxecto das presentes bases é regular as normas polas que se rexerá a convocatoria extraordinaria que efectúa o Concello de Cerceda para a concesión de axudas económicas dirixidas as unidades familiares para a adquisición de equipamentos informáticos, coa finalidade de incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior, para poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semi presencial ou a distancia.
A axuda vai dirixida ao alumnado residente no concello de Cerceda e que estea matriculado nun centro de ensino e que curse: educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional de grao medio ou superior ou estudos universitarios.Esta convocatoria réxese pola Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cerceda (BOP núm. 120, de 26 de xuño)
2. GASTOS SUBVENCIONABLES
1. Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:
a) ordenador de mesa e pantalla
b) ordenadores portátiles
c) gastos destinados a asegurar a conectividade mínima aos recursos dixitais: enrutador, amplificador de sinal, cámara web, altofalantes, auriculares e rato.
d) Impresoras, teclados ou pantallas.
2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria os gastos derivados da compra de tabletas, libros electrónicos e/ou teléfonos intelixentes.
Para mais información poden contactar co Departamento de servizos sociais, no telf.: 981 68 60 68, ou ben consultar as bases reguladoras no seguinte enlace:
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2021/08/25/2021_0000006421.pdf
En Xunta de Goberno Local, celebrada o 28/7/2021, adoptouse entre outros, o acordo de aprobación das bases regu-ladoras da convocatoria de axudas extraordinarias municipais de emrexencia social COVID-19, que se publican para xeral coñecemento, e os efectos de inicio de cómputo de prazo de solicitude.