Dentro da convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pola que se aproba o Plan marco de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, o Concello de Cerceda acometeu o proxecto CAMIÑO DA ESTRADA AC-523 A ESTRADA DO MESÓN DO VENTO E OUTRO.

INFORMACIÓN DO NOVO SERVIZO DE INCIDENCIAS E SUXESTIÓNS DENTRO DA APLICACIÓN DE TOKAPP DO CONCELLO DE CERCEDA.
Acceder a aplicación de TokApp do noso concello.
Entrar no apartado de CHAT, e na parte inferior atoparás un botón ENVIAR AVISOS.
Dependendo do que nos queiras facer chegar atoparás: INCIDENCIA ou SUXESTIÓN. Cando se refire as incidencias débese activar a xeolocalización co fin de que saibamos onde se atopa a incidencia.
A Lei 3/2007 de prevención de incendios forestais, establece que se vostede é titular/propietario de solares ou parcelas situadas en solo urbano, urbanizable e núcleo rural, ten a obriga de mantelas nun axeitado estado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do día 31 de maio de cada ano e do seguinte xeito ...
O INE está a realizar unha enquisa para obter información sobre as características sociodemográficas da poboación, das formas de convivencia e das viviendas.
O INE está a realizar unha enquisa para obter información sobre as características sociodemográficas da poboación, das formas de convivencia e das viviendas.
O Concello de Cerceda ven de aprobar un trámite suplementario de información pública da ordenanza reguladora de terrazas en espazos de uso público, por un prazo de quince días hábiles, dende a data de publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
As persoas interesadas poderán formular alegacións para resolver previamente á súa aprobación definitiva.
En continuidade con una serie de accións formativas realizadas por ACOPROS, en colaboración co Concello de Cerceda, esta aberto o prazo para anotarse no “ Programa de Estimulación Cognitiva”.
Este programa empezaría a partir do 19 de abril, e esta dirixido a todas as persoas interesadas, a partir de 55 anos.
As sesións de estimulación serían semanais en sesións de 45 minutos, con obxectivos individualizados de estimulación.
Para anotarse ou mais información, pode facerse no departamento de Servizos Sociais Municipais, telf : 981 68 60 68
O xoves 15 de abril abre o prazo para a solicitude de matrícula.
Os impresos da solicitude poden descargarse na páxina web do Concello.
A documentación pode achegarse:
- Pola sede electrónica: Solicitude praza escola infantil
- Presencial no Rexistro Municipal.
Para calquera dúbida: Servizos Sociais 9816806068
Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o martes día 13, ata o mércores día 21 de abril 2021, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2021: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”
Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.
Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68




