Bases e convocatoria de probas selectivas para a selección de oito peóns de limpeza viaria polo sistema deconcurso-oposiciónPor Decreto da Alcaldía-Presidencia de data 29/11/2018, aprobouse as bases e convocatoria para a selección dun/ha albnel persoal laboral fixo polo sistema de oposición libre, correspondente a OPE de 2017, cuio texto se reproduce.
O prazo de presentación de instancias comenzará ó día da seguinte da publicación do peresente anuncio no BoletínOficial da Provincia

Axudas para audífonos a persoas con dificultades económicas da Obra Social Amplifón en colaboración co departamento de Servizos Sociais.
A Obra Social Amplifón pon en marcha unhas axudas, en colaboración co departamento de Servizos Sociais do Concello, para a adquisición de audífonos, estudo auditivo, asesoramento e xestión de axudas, adaptacións infantís... para aquelas persoas que presenten problenas auditivos e presenten dificultades económicas para mercar os audífonos.
A misión da Obra Social é contribuir a mellorar a calidade de vida das persoas con menor sensibilidade auditiva, para que volvan a ser plenamente activas e recuperen unha comunicación totalmente satisfactoria que lles permita disfrutar en todas as situacións de cotío.
A Fundación, a través da Obra Social, pon a disposición dos colectivos máis desfavorecidos os seguintes servizos:
- Estudo auditivo de balde
- Subvención de ata un 75 % en audífonos
- Asesoramento e xestión de axudas
- Donación de audífonos (previa valoración)
- Adaptacións infantís
Poderán beneficiarse destas axudas aquelas persoas que presenten problemas auditivos e que a súa renda per cápita sexa inferior a 700€.
A persoa usuaria deberá acudir o departamento de servizos sociais para que lle fagan a valoración e a derivación, e logo acudir a un centro Amplifón (en Coruña, na rúa Francisco Mariño, 14) con cita previa.
Máis información no departamento de Servizos Sociais do concello ou no teléfono 981 68 60 68.

Resolución das axudas dirixidas ás familias para transporte escolar para o curso 2018-2019.
O prazo de xustificación é do 3 o 14 de decembro.
Deberán presentar no rexistro xeral do Concello:
- Anexo III.
- Certificado de asistencia regular dende comezo do curso ata o día 1 de decembro, expedido polo centro de estudos se atope matriculado o alumno ou alumna.

Neste mes de novembro voltan as nosas cociñas @s rapaces e rapazas, de Cerceda, con idades comprendidas entre os 5 e os 12 anos (nacidos entre o 2006 e o 2013). Xa podes facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do concello.
INSCRICIÓNS AO OBRADOIRO COAS MANS NA MASA_NOVEMBRO 2018
- Datas: martes 6, 13, 20 e 27 de novembro
- Horario: das 17 ás 18h30
- Inscricións: a partir do martes, 30 de outubro.
- Xunto coa solicitude é preciso entregar o xustificante bancario de pagamento da actividade.
- Datos para facer o ingreso bancario
- Inscrición ao curso de cociña "Coas mans na masa"_novembro 2018
- Concepto: Inscrición de (nome e apelidos do/a menor) no Curso de Cociña "Coas mans na masa_novembro 2018
- Importe: 9 euros
O Concello de Cerceda executou con cargo a convocatoria de AXUDAS A PROXECTOS RENOVABLES DO Instututo Enerxético de Galicia a coloración dunha caldeira de pellets na na Escola Unitaria de Rodís, adicada a Centro Social
RESULTADOS DEFINITIVOS DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”, DO ALUMNADO E DO PERSONAL.
RESULTADO PROVISIONAL DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA PERSOAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”
RESULTADOS PROVISIONAIS DO PROCEMENTO SELECTIVO DO ALUMNADO – TRABALLADOR DO OBRADOIRO DE EMPREGO “CERCEDA- TORDOIA- TRAZO II”.

Comeza outubro e con él a temporada de escena no Auditorio municipal de Cerceda, co espectáculo O caso é ter saúde da Compañía Malasombra. Anota a cita, domingo 7 ás 19h no auditorio.
“O caso é ter saúde ” é unha comedia de principio a fin, polo que a súa principal pretensión é que o espectador oscile entre o sorriso e a gargallada durante a duración do espectáculo, que está cheo de personaxes divertidos metidos en situacións imprevisibles.
Dende o humor, “O caso é ter saúde” fala da condición humana, da súa ambición polos cartos, e de todo o que a xente é capaz de facer con tal de conseguir o ansiado diñeiro.

Dende o día 3 ó 22 de outubro estará aberto o prazo de solicitude das axudas para libros de texto, material escolar e vestiario básico.
O prazo de xustificación será do 12 ó 23 de novembro.
Bases das axudas de material escolar e vestiario básico curso 2018-2019