Os colexios de Cerceda CPI O Cruce e CEIP Celso Emilio Ferreiro van a participar no concurso de Entroido organizado desde o  Concello de Cerceda.


Para o concurso de Máscaras de Entroido, o Concello fixo entrega dunhas máscaras, as cales os curso de Educación Infantil e Educación Primaria van a decorar con motivos de Entroido coas súas mestras e mestres, co fin de que todas/os nenas/os poideran participar no concurso.


Para o concurso de disfraces, participarán os cursos da ESO, e deben realizar un disfraz caseiro, e con unha temática vencellada a toda a situación xerada pola covid-19, faremos unha publicación das fotos que nos acheguen a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..


Bases do concurso

A Deputación da Coruña organiza en colaboración cos concellos da provincia un curso de Espazos acuáticos naturais e instalación deportivas (dobre certificación)

A formación realizarase na sede da Cruz Vermella, na Coruña. A primeira titulación comezará no mes de febreiro (espazos acuáticos naturais) e nos mes de setembro terá lugar o de instalación acuáticas.

Se tes 18 anos cumpridos é estas interesado podes presentar a túa solicitude ata o 3 de febreiro.

Cantacta co Servizo de Promoción Económica do Concello de Cerceda, no 981685001 ext. 9.

Dada a situación sanitaria actual é imprescindible que CONCERTES UNHA CITA.

111221 bando voluminosos

 

 

Ponse en coñecemento da veciñanza, que o Concello de Cerceda ven de poñer en funcionamento un servizo de recollida de residuos voluminosos para que aquelas persoas que desexen desfacerse dos residuos sólidos que non se poden botar nos colectores da recollida de lixo convencional poidan facelo dun xeito responsable.


Deste xeito o noso territorio verase beneficiado e os espazos que na actualidade están ocupados pola ferralla e outros obxectos inservibles nas nosas casas quedarán libres.
Todas aquelas persoas interesadas en que se lles recollan enseres e/ou voluminosos deberán chamar, en horario laboral, á empresa que realiza a recollida de lixo no municipio. Os teléfonos de contacto son: 639.200.204 e 616.167.131.


Os días de recollida destes enseres voluminosos serán o último venres de cada mes, polo que será preciso deixar os residuos voluminoso a recoller o día anterior na vía pública.
A modo informativo indícase que no caso dos veciños de Xalo a Comunidade de Propietarios establece a maiores unha recollida adicional que se efectúa o segundo xoves de cada mes Non se recollerán plásticos de agrícolas nin escombro para os que existe un sistema de recollida independente.


O que fago público para xeral coñecemento.

Asinado dixitalmente en Cerceda
polo Alcalde Juan Manuel Rodriguez García

 

 

Dende o departamento de Servizos Sociais, Igualdade e Comunicación, quérese agradecer a toda a poboación, a súa colaboración na donación de produtos para o carro solidario de Nadal 2020. Así como a todos os establecementos, que fixeron a recollida de produtos do carro solidario.

 

 

Attachments:
FileFile size
Download this file (foto alimentos.jpg)foto alimentos.jpg4994 kB

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia de 23/11/2020, adoptouse o acordo de aprobación das bases reguladoras da con-vocatoria de axudas municipais á escolarización curso escolar 2020/2021, que se transcriben de seguido, e que se publican os efectos de inicio de prazo de solicitude.

 

Prazo de presntación das solicitudes: do 27 de novembro ó 3 de decembro

 

Mais información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068

 

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA

Attachments:
FileFile size
Download this file (ANEXO III- XUSTIFICACIÓN.pdf)ANEXO III- XUSTIFICACIÓN.pdf95 kB
Download this file (solic_axudas_esolarizacion_20_21.pdf)Solicitude 139 kB

Solicitude de participación no Programa de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas 2020

Dende o departamento de servizos sociais, informase que dende o luns día 7, ata o mércores día 23 de decembro, ábrese o prazo para participar no Programa de Alimentos de Cruz Vermella 2020: “ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las Personas Más Desfavorecidas (FEAD).”

Para solicitar a participación no programa de alimentos, debese de entregar nas oficinas do rexistro municipal, a solicitude que figura anexa, coa documentación que se require.

Para mais información pódese contactar co telf: 981 68 60 68

Attachments:
FileFile size
Download this file (ANEXO 1 .pdf)ANEXO 1 .pdf150 kB

No mes de decembro, e debido as distintas datas festivas, a recollida de voluminosos porta a porta vaise realizar o día 29/12/2020.

O procedemento é o habitual:

    • Chamando previamente ao 639.200.204
    • Enviando unha mensaxe de wasap ao número 616.167.131


Deberán seguir as indicacións que lles faciliten, no que se refiere ao depósito dos residuos.

 

voluminosos copy

Páxina 3 de 19