Con data 13/06/2022 foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 111, as bases polas que se rexerá a convocatoria das axudas municipais para a escolarización para o vindeiro curso escolar 2022-2023. O prazo de solicitude das axudas será dende o 14/06/2022, ata o 04/07/2022 (ambos os dous incluídos)
Subvencionaranse os gastos derivados da compra de:
a) Libros de texto
b) Material escolar
c) Vestiario básico
d) Material informático (soamente para o alumnado que teña establecido o emprego da mochila dixital)
2. Non é obxecto de financiación desta convocatoria o equipamento deportivo para as actividades extraescolares
Para máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais, no telf.: 981 68 60 68.