Con data 09/11/2021 publicouse no Boletín Oficial da Provoncia da Coruña a convocatoria das axudas municipais para desprazamentos con fin escolar para o curso 2021-2022.
A finalidade das axudas é apoiar aos estudantes que cursen estudos de bacharelato, de ensinanza de réxime especial, formación profesional ou universitaria favorecendo o seu acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda económica para os gastos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder aos mesmos.
As persoas interesadas deberán presentar xunto coa solicitude a documentación especificada nas bases no prazo dende o día 10 de novembro ata o día 29 (inclusive).
Para máis información no Departamento de Servizos Sociais no teléfono 981 686 068.