
Rematado o prazo de presentación de solicitudes para as axudas dirixidas ás familias para libros de texto, material escolar e vestiario para o curso 2019/2020, e unha vez comprobada a documentación que acompaña cada unha delas, o Departamento de Servizos Sociais elaborou o informe proposta da resolución provisional das solicitudes completas e as pendentes de emendar documentación.
Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 9.1 das bases da convocatoria disporán dun prazo de 10 días hábiles para presentar alegacións e/ou emendar a documentación requirida.
No caso en que as persoas interesadas non presenten, no Rexistro Xeral do Concello a documentación para subsanar no prazo establecido, quedarán denegadas.
Máis información no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 686 068

Dende o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cerceda, colaborarase coa Fundación Amigos de Galicia, na recollida de material escolar.
O prazo para a poboación que queira colaborar coa donación de material escolar, remata o día 23 de agosto. O lugar de recollida é no terceiro andar do edificio municipal, no departamento de Servizos Sociais.
O material que mais se precisa son: gomas, tesoiras, carpetas, libretas, mochilas...
Para mais información poden chamar ao telf. 981 68 60 68
.
10/06/2019
Acta segunda proba e proposta de contratación
07/06/2019
04/06/2019
Bases publicadas no BOP núm. 93 de 20 de maio de 2019 (ver ou descargar)
Con data 30 de maio de 2019 reuniuse a Comisión de Baremación, Coordinación e Seguimento da Escola Infantil Municipal Os Pillabáns para a resolución das solicitudes de reserva de praza e de novo ingreso para o curso 2019/2020.
Valoradas as solicitudes de reserva de praza e baremadas as de novo ingreso, adxudicaronse as prazas segundo a puntuación obtida e atendendo aos criterios de prioridade establecidos no Artigo 14 do Regulamento da escola infantil municipal (BOP nº 75, do 21 de abril de 2017).
As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo de dez días naturais a contar a partir da data desta publicación.

Anota... este venres, 31 de maio, tocan Merendas e Contos na Biblioteca municipal de Cerceda ás 17h30. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais do Concello.
- MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE CERCEDA// VENRES, 31 DE MAIO ÁS 17H30
- ESPECTÁCULO: Un invento para chegar ao ceo. TRINKE TRINKE TEATRO
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001

A espectáculo infantil PATAPATÚM, recentemente galardoado na edición XXIII Premios de Teatro María Casares, da Compañía Elefante Elegante chega a Cerceda o domingo 5 de maio ás 17:30h. Unha oportunidade para desfrutar dun espectáculo de teatro visual, e de gran elegancia estética, sen palabras para público infantil e familiar a partir de 3 anos. Cunha banda sonora inspirada no universo musical dixieland, a máscara e o xogo físico que propician un universo cómico que viaxa desde o realismo ata a hipérbole da nosa vida cotiá. Non o esquezas:
- AUDITORIO MUNICIPAL DE CERCEDA/ DOMINGO, 5 DE MAIO ÁS 17:30H
- ESPECTÁCULO: PATAPATÚM. COMPAÑÍA ELEFANTE ELEGANTE
- Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña
Este venres toca unha nova sesión de Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva, co espectáculo "Unhas botas misteriosas" da compañía Trinke Trinke. Non esquezas facer a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
- BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA // VENRES 26 DE ABRIL ÁS 17H30
- ESPECTÁCULO: Unhas botas misteriosas
- INSCRICIÓNS: Nas Oficinas xerais do Concello ou no teléfono 981685001

O sábado 27 de abril levarase a cabo unha andaina dende o Campo da Feira ata o Xardín Botánico e a Aula da Natureza.
A hora de saída será ás 11 da mañá dende o Campo da Feira de Cerceda, iremos ata o Xardín Botánico e visitaremos a Aula da Natureza, logo continuaremos polo Paseo do Acevedo, e a volta unha pequena parada para coller folgos e volta para Cerceda.
Para anotarse ao 981685001 ou 682348556.
Agardámosvos.

Do 15 o 30 de abril abre o prazo de solicitude de praza na escola infantil municipal Os Pillabáns para o curso 2019-2020.
Documentación que debe achegar xunto co modelo de solicitude:
1. DNI dos pais/nais/titores/as.
2. Libro de familia (todas as paxinas dos membros da unidade familiar)
3. Autorización para que o Concello recabe os datos tributarios relativos ó nivel de renda (inclúese no modelo de solicitude)
4. Xustificantes de ocupación ou desemprego:
- Empregados/as: última nómina ou certificado de empresa
-Desempregados/as: certificado de desemprego
5. IBAN bancario
6. Tarxeta sanitaria do/a alumno/a
Outros casos:
- Certificado de minusvalidez
- Certificado médico no caso de enfermedades crónicas ou outras afeccións
- Documentación que acredite as situacións de separacións, abandono do fogar, etc.
IMPORTANTE: AO ENTREGAR A SOLICITUDE NO REXISTRO DEBERÁ PRESENTAR OS DOCUMENTOS ORIXINAIS.