No calendario local de eventos teñen especial relevancia a Feira das Nenas na Silva - que ten lugar no domingo que cadre entre o 14 e o 21 de abril - e a Festa Gastronómica do Cochiño en Cerceda.
Se estás pensando en visitar Cerceda ou simplemente queres desconectar da rutina diaria, esta guía municipal de aloxamentos e restaurantes vaiche ser de gran utilidade e interese. Bótalle unha ollada e elixe onde comer e descansar. O mellor será que os probes todos!
Tanto se vives aquí como se te achegas a visitarnos, atoparás en Cerceda unha rede de espazos e equipamentos culturais pensados para que lle saques todo o proveito ao teu tempo de ocio.
O municipio de Cerceda atesoura séculos de historia, como demostran os vestixios arqueolóxicos máis antigos do municipio, que sitúan as primeiras poboacións na época dos asentamentos celtas.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.