Festas e feiras

Festa do cochiño

No calendario local de eventos teñen especial relevancia a Feira das Nenas na Silva - que ten lugar no domingo que cadre entre o 14 e o 21 de abril - e a Festa Gastronómica do Cochiño en Cerceda.

FESTAS E FEIRAS

Malia que este tipo de manifestacións perderon pulo nas últimas décadas, no noso concello seguen a celebrarse dúas feiras tradicionais que se desenvolven nos principais núcleos urbanos:

  • En Cerceda: véspera do segundo e do último domingo do mes
  • Na Silva: primeiro sábado e terceiro domingo do mes

En canto ás festas tradicionais locais, destacan pola súa relevancia e interese turístico a Feira das Nenas de A Silva (domingo entre o 14 e o 21 de abril) e a Festa Gastronómica do Cochiño en Cerceda (último sábado de xullo).

Este é o calendario das festas patronais nas parroquias:

  • A virxe do Carme en Xesteda (1 de xaneiro)
  • Festa do Espírito Santo na parroquia de Rodís(sete semanas despois da Semana Santa)
  • Festa da Peregrina nas Encrobas (sete semanas despois da Semana Santa)
  • Festa de San Antonio en Cerceda: 13 de xuño
  • San Pedro en Xesteda: 29 de xuño
  • Corpus en Xesteda: no mes de xuño
  • Festa da virxe do Carme en Queixas: no mes de xuño
  • Festa de san Critovo na Silva: a segunda fin de semana do mes de xullo
  • Festa da virxe do Carme en Cerceda: a fin de semana máis próxima ao 16 de xullo
  • Festa da virxe do Carme en Rodís: o 16 de xullo
  • Festa de san Bartolomeu no Xalo (As Encrobas): o 5 e o 6 de agosto
  • Festa de santa María de Queixas: primeira fin de semana de setembro
  • As Dores de Meirama: a fin de semana máis próxima ao 15 de setembro
  • Festas de san Roman das Encrobas: o 18 de novembro
  • Festividade de santo André: o 30 de novembro
  • Festividade de Santa Comba de Xesteda: 31 de decembro