O espectáculo Frankenstein de Teatro dos Ghazafelhos o domingo 6 de outubro ás 18h, no Auditorio municipal

Regresa a Cerceda o Teatro dos Ghazafelhos, co seu espectáculo infantil Frankestein, o domingo 06 de outubro ás 18h no Auditorio municipal. E ti... vas a perdelo? Anota a cita...

Frankestein/Auditorio municipal de Cerceda/Domingo, 06 de outubro ás 18h

Espectáculo infantil a cargo de Teatro dos Ghazafelhos
Teatro actoral |60 min | +5

SINOPSE

Qué se pode esconder nun escuro castelo perdido nas montañas?

Poida que algo que non quere ser descuberto ou, poida que, algo que espera que o descubran.

Frankenstein é un clásico da literatura, do cine, do teatro e dos musicais, é una obra que sempre está vixente para unha reposición e máis para público familiar, xa que ás veces, é complicado expoñer a monstruosidade á que pode chegar o ser humano por buscar a perfección.

Eso pasoulle a Víctor Frankenstein e pásalles ás persoas que non se aceptan a si mesmas. E eso é do que trata Frankenstein de Teatro dos Ghazafelhos: da auto estima do ser humano.

Unha aventura nas entrañas dun castelo onde os investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan si o lexendario monstro de Frankenstein existe ou non.

As personaxes

A Dra. Mon Champignom, é unha especialista en ciencias naturais. Intelixente, decidida, e fría. Investiga á antiga usanza; diseccionando todo o que teña patas.

O Dr. Pe Arrepío, compañeiro inseparable da Dra. Champignom é especialista en ciencias paranormais. Moi soñador, covarde, e sincero. Gustaríalle atopar respostas a tódolos soños da humanidade.

Igor, o chepudo. É unha personaxe desconcertante, non se sabe se ven ou vai. Dentro da súa estraña amabilidade agacha un enorme segredo.

Víctor Frankenstein. Esta é unha personaxe que parece estar ao marxe da historia. De feito é a que presenta a historia e non aparece nela. É unha personaxe torturada por dúas cousas: a perda do seu gato Emperador III e a súa incesante loita coas ratas…

As ratas. Están por todas partes. No Castelo, no patio de butacas, entre a música e nos cadros…Son a alma da historia………………………………………………

Coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña 2019

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk