Noticias

21 de xullo: carpa informativa reciclar con xeito

Sábado 27 de xullo: campaña sobre prevención, reciclaxe e compostaxe

Programa de Turismo Imserso 2019-2020

CURSO DE MARKETING, CREATIVIDAD E INNOVACIÓN NA EMPRESA

Campaña de control de pombas no casco urbano de Cerceda

O Concello está a facer a través da concesionaria do servizo de control de pombas, Rapiñas do Salnés Cetrería, unha campaña no casco urbano de Cerceda.
No caso de ser coñecedores de puntos nos que existan niños ou afluencia de pombas, póñanse en contacto co número de teléfono 656832191 (Evaristo).

SEMANA DO MEDIO AMBIENTE

Aproveitando que esta semana se celebra o día mundial do Medio Ambiente (5 de xuño), desde o Concello de Cerceda achegámonos aos diferentes centros educativos do municipio para concienciar da importancia da conservación do medio.
Nesta ocasión tratouse a implantación do “Sistema de recollida de aceites domésticos”. A xornada consistiu en visitar todas as clases dos colexios e da escola infantil impartindo una charla sobre a xestión dos aceites domésticos usados; entregouse tamén un embudo para facilitar o recheo das botellas co aceite usado e facilitóuselle un folleto sobre o novo colector laranxa, no que se deberá depositar este residuo para o seu posterior tratamento.
Así mesmo tamén se realiza entrega de embudos e o seu correspondente folleto á cidadanía que se achega a comunicar a cachela de San Xoán, ate o fin de existencias.  

AVISO DE ACCESO RESTRINXIDO Ó PASEO FLUVIAL DO ACEBEDO

Dende o 3 de xuño ata novo aviso queda restrinxido o acceso a peons no paseo fluvial do Acebedo por labouras de mantemento (duración aproximada de 15 días). Desculpen as molestias.

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk