Noticias

Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais

Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais   1. Está reactivada a obriga dos particulares de levar a cabo a limpeza en faixas secundarias (50 metros próximos as vivendas), aínda que se amplía este prazo ata o día 16 de xullo (incluído)
Para a realización destas limpezas, os particulares deberán levar consigo unha declaración responsable coa que xustificar as súas actuacións, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral. Deberán levar consigo os apeiros, ferramentas e utensilios necesarios; e para o caso de non levalos, teñen que incluír na declaración responsable que os teñen depositados nas parcela ou nun lugar determinado.
2. A Xunta de Galicia permite solicitar queimas por razón fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais. Nas particulares aínda non están permitidas as queimas. As solicitudes deben remitirse aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Rural a través do enderezo electrónico: ccp.coruna@xunta.gal   MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA REALIZAR TAREAS DE LIMPEZA NAS FAIXAS SECUNDARIAS   RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ao prazo previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril. RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas amoreados por motivos fitosanitarios en explotacións agrícolas profesionais, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril.  

SITUACIÓN E MEDIDAS QUE TEMOS NA ACTUALIDADE NO CONCELLO DE CERCEDA

CONCURSO DE DEBUXO DA MANCOMUNIDADE DE ORDES “ESTA SEMANA DEBUXAMOS TODOS/AS”

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DEBUXO DA MANCOMUNIDADE DE ORDES “ESTA SEMANA DEBUXAMOS TODOS/AS” I. OBXECTO É obxecto destas bases regular a convocatoria do concurso infantil de debuxo promovido durante o Estado de Alarma por mor do confinamento a causa do Covid-19   II. PARTICIPANTES E CATEGORÍAS
Pode participar neste concurso calquera rapaz e rapaza que o desexe, contando coa autorización paterno, que serán as persoas responsables de enviar os traballos dos/as
seus/súas fillos/as. Ler máis...

Coronavirus e animais de compañía (17/03/20)

Peche temporal do Punto Limpo.

Debido ao estado de alarma e ás indicacións das autoridades estatais vémonos na obriga de pechar o Punto Limpo a partires de hoxe e ata que finalicen as medidas de prevención de contaxios que estableceu o Goberno central e o Ministerio de Sanidade.
Recórdase que tamén está prohibido o depósito de voluminoso na vía pública e ao carón dos colectores, xa que este mes non se efectuará a recollida de residuos voluminosos.
Estas medidas teñen como fin evitar o contaxio do COVID-19 e así mesmo cumprir as indicacións das autoridades sanitarias.

BANDO - CORONAVIRUS

Pechado o acceso da piscina ó colexio 30/01/2020

Visitas guiadas ós museos de Cerceda

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk