Actualidad

Chega a Cerceda María do Ceo no Nadal en Rede da Secretaría Xeral de Política Lingüística o venres 29 de decembro

O Auditorio municipal de Cerceda acolle este venres, 29 de decembro, o concerto de María do Ceo e as súas Cancións para nenas e nenos dentro da programación Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística. A actividade dará comezo ás 18h e está dirixida a todos os públicos. 

Obradoiro de Poda aberto o prazo de inscrición

O Concello de Cerceda organiza un obradoiro de poda para o mes de xaneiro. A actividade desenvolverase os días 8, 15, 22 e 29 de xaneiro das 16:30 ás 18:30 h, no Centro cívico. As persoas interesadas xa poden facer a súa inscrición nas Oficinas xerais do Concello. O número máximo de persoas inscritas será de 15 e para a súa realización será preciso un número mínimo de 10 solicitudes. O custe é de 12 euros. CONTIDOS DO OBRADOIRO DE PODA:
  • As ferramentas de poda e o seu mantemento 
  • Para qué serve a poda. Tipos de cortes segundo o que buscamos.
  • As diferentes tipoloxías de poda nas árbores ornamentais.
  • Xeneralidades sobre a poda nas árbores froiteiras
  •  Métodos de reproducción vexetativa: enxetos, gallos, e acodos.
  • Influencia das fases da lúa no comportamento das plantas.
  • Tratamentos naturais para as froiteiras.

Papá Noel visita Cerceda

O Concello de Cerceda xa ten todo preparado para recibir a Papá Noel; a súa visita dará comezo na Escola infantil municipal a partir das 10h. A continuación, espérano o alumnado do CPI O Cruce.  Os agasallos de Papá Noel tamén serán, moi ben recibidos, no Centro residencial de Día a partir das 11:45h. Finalmente, será o CEIP Celso Emilio Ferreiro quen reciba a Papá Noel.  

Últimos días para xustificar as subvencións concedidas na Convocatoria pública de Subvencións a deportistas e ás entidades culturais e deportivas 2017

Os/as deportistas e ás entidades culturais/deportivas beneficiarias das Subvencións municipais 2017 teñen ata o venres, 15 de decembro de 2017, para a xustificar as contías concedidas. Podes acceder dende esta nova a toda a documentación necesaria para facer a xustificación ou para solicitar a prórroga do prazo de xustificación que se deberá achegar, en todo caso, ata o 15 de decembro nas Oficinas Xerais do Concello de Cerceda. Por Decreto da Alcaldía – Presidencia 716/2017, de 16 de novembro de 2017, apróbase a resolución da Convocatoria pública de subvencións municipais a deportistas e ás entidades culturais e deportivas para a realización de actividades no ano 2017 (BOP núm. 180, de 21 de setembro de 2017). Podes acceder dende esta nova á resolución 2017.   Attachments:
0Resolucion 2017 Convocatoria subvencion municipais deporti….pdf
1 Document. Xustificacion Entidades_2017.pdf
2 Documentacion Xustif. Deportistas.pdf
3Solicitude prorroga prazo xustif.2017.pdf

Tarde de Maxia o sábado 2 de decembro co Mago Román e Kiko Pastur

O próximo sábado, 2 de decembro, espéranos unha tarde chea de maxia no Auditorio municipal de Cerceda. Non perdas a ocasión de coñecer ao Mago Román e o ilusionista Kiko Pastur. Ás 18:00h   O mago e ilusionista máis premiados de Galicia e con máis de 15 anos de experiencia, volven a xuntarse para crear un novo espectáculo que recolle os mellores números de maxia que fixeron nos últimos anos. Unha nova forma de ilusionarse que asombrará, divertirá e fascinará a toda clase de públicos. Sábado, 2 de decembro// Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

O Apóstolo o domingo 3 de decembro no Auditorio municipal de Cerceda

O domingo 3 de decembro toca Cine no Auditorio municipal de Cerceda coa proxección do filme O Apóstolo. Non quedes sin a túa butaca!!! Ás 17:30 horas Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017

Publicación das listaxes das axudas concedidas e as denegadas para transporte escolar, curso 2017-2018

Rematado o prazo de solicitude e o prazo de subsanación da documentación requirida e unha vez valoradas todas as solicitudes de acordo co establecido nas bases da convocatoria, a Xunta de Goberno Local aprobou en data 29/11/2017 a relación das axudas concedidas e das denegadas. Informar ás persoas interesadas que de acordo co artigo 11 das bases da convocatoria o prazo para presentar no Rexistro Xeral do Concello a documentación xustificativa comezará o día 1 de decembro e rematará o 30 de decembro de 2017. Segundo o artigo 11.2 das bases, no caso en que non presenten a xustificación no prazo establecido, entenderase que desisten da súa petición. De acordo co establecido no artigo 12, o pagamento da axuda concedida farase efectivo logo da presentación da documentación xustificativa.   Attachments:
LISTAXES DAS SOLICITUDES CONCEDIDAS-DENEGADAS.doc

Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, o venres 24 de novembro

Anota na túa axenda... que o venres 24 de novembro tocan Merendas e Contos na Biblioteca da Silva, a partir das 17:15h. Fai a túa inscrición nas Oficinas xerais ou no teléfono 981685001
  • MERENDAS E CONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DA SILVA
  • Venres, 24 de novembro de 2017. Ás 17:15h
  • ESPECTÁCULO: COROCOCÓ. A partir de 3 anos
  • Coa colaboración da Deputación da Coruña a través da Rede Cultural 2017
‘COCOROCÓ’ é un  espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación  co público.  Pero…quen  canta COCOROCÓ? Unha galiña, pero non unha galiña calquera, non, unha galiña azul. Sí, azul como o ceo, coma o noso mar, unha galiña diferente a todas as demáis. Por iso é perseguida e quere matala  Manolito Listón, o alcalde, porque él di que  unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó, que pon ovos de cores e ten cinco plumas  vermellas na á dereita , “non é unha galiña como debe ser pero…  Chsss! silencio, é mellor que o conte ela, sí a Galiña Azul.

O espectáculo A nena que quería navegar de Redrum Teatro o domingo 26 de novembro

Domingo, 26 de novembro –REDRUM TEATRO- A NENA QUE QUERÍA NAVEGAR Ás 18:00h Auditorio municipal de Cerceda   A nena que quería navegar es un espectáculo destinado a un público familiar, principalmente infantil, de entre 6 a 12 anos, que trata un tema que nos preocupa e que tristemente cada pouco tempo acapara as portadas de todos os periódicos, o acoso escolar. En él contamos a historia dunha nena sen nome que, farta de insultos, empurróns  e illamento social, fuxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura encontrará a Xeadeiro, unha personaxe máxica e vital, mostrándolle que dentro de cada uno de nós escóndese un ser único e especial.   Infantil, entre 6 y 12 años | Teatro musical | 50 minutos Coa colaboración da Deputación da Coruña

Cea baile de Nadal. Sábado 16 de decembro.

Como todos os anos, o concello, organiza unha cea baile con motivo das datas de nadal e para despedir o ano. A cea será no restaurante o Panadeiro o día 16 de decembro. Para anotarse hai que acudir o departamento de Servizos Sociais do concello e aboar unha cuota de 30 euros. O prazo para anotarse é do 21 de novembro ó 11 de decembro. O menú e o seguinte: - empanada da casa e tosta de churrusquiña - vieiras á galega - solombo de cocho recheo de queixo de arzúa e xamón con pataca panadera e frutos vermellos. - pannacotta de queixo con xeado de mandarina. - bebidas: aguas minerais, refrescos, viño, viño espumoso - Café, uvas e cotillón.

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk