Actualidad

NORMATIVA PARA DESPLAZAMENTOS A FINCAS (06/05/20)

1. PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES NON PROFESIONAIS:
Coa finalidade de regular as actividades realizadas por agricultores non profesionais, a Xunta de Galicia modificou a Orde publicada o 24 de marzo para facilitar  estas labores.
Os agricultores non profesionais poderán desprazarse en todo o seu concello e no municipio adxacente para o coidado e a recolección de producións agrícolas.
Para poder xustificar estes desprazamentos deberán levar consigo unha declaración responsable na que se relacionen as fincas nas que van realizar estes cultivos ou traballos que se van realizar.
A Xunta estableceu que segundo o tipo de cultivo ou traballos poderán desprazarse ata 2 persoas, sempre polo período de tempo mínimo e imprescindible e gardando as distancias de seguridade e demais protocolos establecidos pola autoridade sanitaria.   2.  PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES PROFESIONAIS:
Para este tipo de profesionais non se producen cambios relacionados co desenvolvemento da súa actividade (tanto para eles como para os seus traballadores)
Poderán seguir desprazándose para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos seus cultivos e viñedos; poderán acreditar a súa condición de profesionais coa súa inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.   Descargar declaración responsable

RECOLLIDA DE VOLUMINOSOS PORTA A PORTA (04/05/20)

Informamos que este mes vaise retomar a recollida de voluminosos porta a porta.
A recollida farase o último venres de cada mes, previa comunicación ao condutor do camión da recollida do lixo ou solicitala chamando ao seguinte número de teléfono: 609.44.27.88
Unha vez feita a comunicación, os residuos depositaranse nas inmediacións dos colectores do lixo, nos días e horas indicados polo persoal encargado da súa recollida.

Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais

Limpeza de faixas secundarias e Permisos de queima en explotacións agrícolas profesionais   1. Está reactivada a obriga dos particulares de levar a cabo a limpeza en faixas secundarias (50 metros próximos as vivendas), aínda que se amplía este prazo ata o día 16 de xullo (incluído)
Para a realización destas limpezas, os particulares deberán levar consigo unha declaración responsable coa que xustificar as súas actuacións, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral. Deberán levar consigo os apeiros, ferramentas e utensilios necesarios; e para o caso de non levalos, teñen que incluír na declaración responsable que os teñen depositados nas parcela ou nun lugar determinado.
2. A Xunta de Galicia permite solicitar queimas por razón fitosanitarias en explotacións agrícolas profesionais. Nas particulares aínda non están permitidas as queimas. As solicitudes deben remitirse aos Servizos de Prevención de Incendios Forestais das Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Rural a través do enderezo electrónico: ccp.coruna@xunta.gal   MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE PARA REALIZAR TAREAS DE LIMPEZA NAS FAIXAS SECUNDARIAS   RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ao prazo previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril. RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas amoreados por motivos fitosanitarios en explotacións agrícolas profesionais, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 25 de abril.  

SITUACIÓN E MEDIDAS QUE TEMOS NA ACTUALIDADE NO CONCELLO DE CERCEDA

Tratamento dos refugallos en fogares con enfermos ou en corentena por COVID-19

CONCURSO DE DEBUXO DA MANCOMUNIDADE DE ORDES “ESTA SEMANA DEBUXAMOS TODOS/AS”

BASES REGULADORAS DA CONVOCATORIA DO CONCURSO DE DEBUXO DA MANCOMUNIDADE DE ORDES “ESTA SEMANA DEBUXAMOS TODOS/AS” I. OBXECTO É obxecto destas bases regular a convocatoria do concurso infantil de debuxo promovido durante o Estado de Alarma por mor do confinamento a causa do Covid-19   II. PARTICIPANTES E CATEGORÍAS
Pode participar neste concurso calquera rapaz e rapaza que o desexe, contando coa autorización paterno, que serán as persoas responsables de enviar os traballos dos/as
seus/súas fillos/as. Ler máis...

Coronavirus e animais de compañía (17/03/20)

BANDO - CORONAVIRUS

APLÁZASE A VIAXE A LALÍN DO SÁBADO 14 DE MARZO DE 2020

Desde o Departamento de Benestar Social do Concello de Cerceda, ábrese o mércores 19 de febreiro o prazo para anotarse a Viaxe a Lalín, que terá lugar o sábado 14 de marzo. O Programa da viaxe será o seguinte: 09.00 HS- SAÍDA DE DIANTE DO MUSEO DO MOUCHO CHEGADA AO CONCELLO DE LALÍN: -       Visita ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta -       Visita libre polo pobo de Lalín 14.00 HS- XANTAR NA " CASA DO PATRÓN"             - SOPA             - COCIDO             - POSTRE             CAFÉ, REFRESCOS, AUGA E VIÑO 16.00 HS - FOLIADA E VISITA AO MUSEO " A CASA DO PATRÓN" 19.00 HS - SAÍDA PARA CERCEDA * O programa pode sufrir variacións pola organización, antes ou durante a viaxe. Para anotarse poden acudir ao 3º andar do edificio municipal, no Departamento de Servizos Sociais, ou ben poden chamar ao 981 68 60 68. O prezo por persoa é de 22€.

Subcategorías

¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares. Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.

Acepto as cookies para este sitio.
EU Cookie Directive plugin by www.channeldigital.co.uk