1. PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES NON PROFESIONAIS: Coa finalidade de regular as actividades realizadas por agricultores non profesionais, a Xunta de Galicia modificou a Orde publicada o 24 de marzo para facilitar estas labores.
Os agricultores non profesionais poderán desprazarse en todo o seu concello e no municipio adxacente para o coidado e a recolección de producións agrícolas.
Para poder xustificar estes desprazamentos deberán levar consigo unha declaración responsable na que se relacionen as fincas nas que van realizar estes cultivos ou traballos que se van realizar.
A Xunta estableceu que segundo o tipo de cultivo ou traballos poderán desprazarse ata 2 persoas, sempre polo período de tempo mínimo e imprescindible e gardando as distancias de seguridade e demais protocolos establecidos pola autoridade sanitaria.
2. PARA A REALIZACIÓN DE TAREFAS POR AGRICULTORES PROFESIONAIS: Para este tipo de profesionais non se producen cambios relacionados co desenvolvemento da súa actividade (tanto para eles como para os seus traballadores)
Poderán seguir desprazándose para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos seus cultivos e viñedos; poderán acreditar a súa condición de profesionais coa súa inscrición no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
Descargar declaración responsable
Informamos que este mes vaise retomar a recollida de voluminosos porta a porta.
A recollida farase o último venres de cada mes, previa comunicación ao condutor do camión da recollida do lixo ou solicitala chamando ao seguinte número de teléfono: 609.44.27.88
Unha vez feita a comunicación, os residuos depositaranse nas inmediacións dos colectores do lixo, nos días e horas indicados polo persoal encargado da súa recollida.
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de 3 anos
Persoas beneficiarias:
Persoas que teñan fillas ou fillos menores de tres anos nados entre o 1.1.2017 e o 31.12.2017, ambos os dous días incluídos, e que, durante o ano 2018, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigadas a iso.
Serán igualmente beneficiarias polas fillas ou fillos adoptados ou acollidos mediante resolución, xudicial ou administrativa, ditada entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017.
Nos supostos de que exista unha resolución xudicial que atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, a persoa beneficiaria será aquela que teña a custodia das fillas ou fillos, de acordo co establecido na dita resolución.
Requisitos
Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que non quede acreditada a dita circunstancia pola presentación do xustificante de empadroamento, poderáselles requirir para que presenten documentación complementaria que o demostre.
Que na data da solicitude os nenos ou as nenas convivan coa persoa solicitante.
Os requisitos para ter dereito a esta prestación deberán reunirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Contía da axuda
A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos sen que a mesma filla ou fillo poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 euros.
Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 euros.
Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros.
Documentación
Copia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para os efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.
Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (a antigüidade máxima do mesmo será de 6 meses).
No caso de nulidade, separación ou divorcio copia da sentenza ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns, acompañada, de ser o caso, do convenio regulador.
Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción ou acollemento, no suposto de que a súa formalización se realizase noutra comunidade autónoma, de ser o caso.
Anexo II cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non figure como solicitante e que forme parte da unidade familiar. De non achegar este documento, deberá xustificarse presentando a documentación que figura na letras c) deste artigo ou certificado de monoparentalidade expedido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Prazo de presentación:
35 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Comezará o 21 de xaneiro e rematará o 9 de marzo de 2020 (ambos os dous incluidos)
Desde el Ayuntamiento de Cerceda consideramos fundamental dar a conocer al vecindario lo que sucede a nivel municipal y garantizar el acceso de la ciudadanía a la información institucional de forma periódica, directa y veraz.
¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.
Pode cambiar a configuración do seu navegador para rechazar o emprego das mesmas. Pode consultar máis información en Información de cookies.